O principal río de Trazo é, por suposto, o TAMBRE que discorre de leste a oeste e
que de paso serve de fronteira meridional durante uns 20 quilómetros. Ao seu
paso pola parroquia de Chaián hai
paisaxes de gran beleza que se aproveitaron para facer unha área de descanso
con famosa praia fluvial incluída.
O Tambre ten varios afluentes que discorren
de norte a sur polo territorio de Trazo. O máis importante é o LENGÜELLE. Os seus últimos 6
quilómetros sérvenlle de fronteira oriental co concello de Oroso.
Dos demais afluentes, o máis importante cos
seus pouco máis de 16 Km
é o Chonia, que tamén é o máis occidental.
O río CHONIA
nace e rega a parroquia de Castenda (Tordoia), logo entra en Trazo e a uns 4 km do seu nacemento atópase
co rego do Rial (2,7 km ). Segue avanzando
cara ao suroeste e únese co rego de
Benza (8,2 Km ),
principal subafluente pola dereita, que rega as parroquias de Monzo, Restande e
Benza. Finalmente ao longo de pouco máis de 3 Km discorre pola zona de Oa
(parroquia de Xavestre) ata a súa desembocadura no Tambre.
Nesta zona hai un conxunto de muíños,
batáns e "fábricas de luz", algún dos cales remóntase ao ano 1750.
Hai catro muíños comunais: un en Tarrío (dun pé) e tres en Oa (que suman catro
pés), todos eles para moer millo. Privados son os dous de Neiro de Oa (de tres
e dous pés respectivamente), os catro de Pardal de Oa (un de tres pés), un
deles para moer trigo ("albeiro") e os tres de Carballo de Tarrío (un
" albeiro" e outro de millo). Hoxe en día só se mantén coidado o de
Neiro de Oa mentres que os de Pardal de Oa se destrúen lentamente. Son
interesantes tamén as antigas fábricas de luz, das cales algunha funcionou ata
o ano 1970. Son un total de catorce muíños dos que tan só uns cantos presentan
un bo estado de conservación, xa que, as riadas, os incendios, ou a falta de
iniciativa, provocaron o declive de boa parte deles.
Máis abaixo,
as augas deste río desembocan no Tambre, formando unha especie de desfiladeiro
e ofrecendo unhas fermosas vistas panorámicas grazas ás suas fortes pendentes
cara o río como é o caso do Mirador do Río.
O resto son afluentes
de pequeno tamaño. Os tres máis longos son:
- Rego do Pazo (4 km ) nado na parroquia de
Xavestre.
- Rego Vilariño (4 km ) que rega a zona central,
as parroquias de Trazo e Vilouchada.
- Rego de Porto
Ferreiro (7 km )
que, co seu subafluente o Morlan, regan as parroquias de Campo e Morlán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario