As eleccións provinciais de setembro de 1888 foron significativas
porque supuxeron un cambio de facho do poder político no distrito de Ordes: Antonio del Río foi substituído polo
emerxente Saturnino Aller.
Como non, as eleccións estiveron cheas de
polémica: Os reformistas queixáronse de que un grupo de 8 interventores que
se dirixían a Arzúa (naquela época o distrito era Ordes-Arzúa) foron
interceptados en Pontecarreira por un grupo de homes "vestidos de encarnado y enmascarados" que lles impediron
o paso. Así que alí en Gafoi, co alcalde de barrio Antonio Iglesias Liste exercendo funcións de xuíz, fixeron o seu propio reconto que logo non valería de nada.
Os fusionistas (liberais) replicaron que todo era unha elaborada invención, que ningún paisano viu a ese gran grupo de enmascarados que fixera retroceder aos interventores reformistas e aos seus numerosos acompañantes (algúns deles armados con carabinas).
Os fusionistas (liberais) replicaron que todo era unha elaborada invención, que ningún paisano viu a ese gran grupo de enmascarados que fixera retroceder aos interventores reformistas e aos seus numerosos acompañantes (algúns deles armados con carabinas).
Xornais coma "La Voz de Galicia"
e "El
Alcance" protestaron, pero non tanto nin de forma tan airada coma "El Clamor"
(que se publicaba na Calle Real da
Coruña), nada extraño se temos en conta que Antonio del Río era cuñado do seu
principal redactor (e ás veces director).
"El País Gallego" de Santiago, de filiación fusionista, tamén
protestaba, pero neste caso polo irrelevante 6º posto acadado polo fusionista
compostelán Santiago Gil Rodríguez, que lle impedía acceder á Deputación.
Claramente debeu haber irregularidades nesa
zona de Arzúa porque a comisión, que se creou despois das eleccións, declarou
que "existen indicios vehementes y
de manifiesta importancia para poner en duda la legalidad de los trámites
electorales".
Como acostumaba suceder, todo quedou en nada.
Ramón Mosquera Montes, un dos candidatos gañadores, expresouno con claridade: "Las ilusiones del señor del Río se han
desvanecido ante la verdad que, tal cual es, se presentó a sus ojos, haciéndole
la demostración más evidente de que alguna vez había de cesar, por la voluntad
del cuerpo electoral, en el desempeño del cargo de diputado, no obstante ser
suya exclusivamente la organización de los ayuntamientos del partido de Órdenes".
Así foron os resultados daquelas eleccións.
Os 4 primeiros acadaron praza na Deputación
Provincial. Entre os perdedores están os dous irmáns del Río, (o 2º, Ángel,
era naquel momento alcalde de Ordes) e Gumersindo Liñares, xuíz municipal de
Trazo e patriarca da familia Liñares,
unha das máis ricas de Ordes.
José Vázquez Otero: 4.013 votos Ramón Mosquera Montes: 3.731
votos Vicente Fernández Soler: 3.672 Saturnino Aller Rodríguez: 3.641
|
Antonio del Río Castro: 2.354 Santiago Gil Rodríguez:
1.253 Marqués de Algara de Grés: 563 Gumersindo Liñares Iglesias:
470 Antonio Varela Álvarez: 292 Ángel del Río Castro:
178 José Queijo: 1
|
Como curiosidade queda ese solitario voto do tal José Queijo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario