"La Dinamita" foi o
2º xornal que viu a luz no pobo de
Ordes (o 1º foi "El Fomento"
en 1878) pero hai poucas certezas sobre el. Segundo a "Gran Enciclopedia Gallega" apareceu en 1811. Santos
Gayoso en "Historia de la Prensa
Gallega" sinala que apareceu no ano 1911. Pero ambos estaban errados.
Naceu en febreiro
de 1893 declarándose "defensor
de las clases productoras". "El
Eco de Galicia" di textualmente:
Hemos recibido el primer número de La Dinamita, periódico semanal que ve
la luz pública en Órdenes. A juzgar por la muestra, el fulminante promete
causar destrozos.
¡Dios aplaque sus iras!
Probablemente continuaba a misma senda de "El Fomento" de denuncia
contra o caciquismo, aínda que non está claro quen eran os seus impulsores.
En abril anunciaban a voda de dous
septuaxenarios da vila: Santiago Caramelo e María Gómez.
Nese mesmo mes o maxistrado da Audiencia Sr.
Mendoza foi nomeado para procesar aos membros da "Junta de Defensa"
(unha asociación galeguista) por unha alocución publicada nalgúns xornais. Isto
gañoulles a adhesión de moita xente.
En maio nunha viaxe da Ferro-carrilana
ocupada case totalmente por estudantes coruñeses que ían a Santiago, ao parar
en Ordes, puxéronse a berrar:
-
¡Viva LaCoruña! ¡Viva Galicia! ¡Viva
"La Dinamita"! ¡Abajo
Mosquera Montes! ¡Abajo Aller! ¡Mueran los traidores!
En xullo un veciño de Ordes escribiu unha
carta a "La Voz de Galicia"
e a "La Mañana" onde dicía
que non había motivo para censurar "La
Dinamita".
Probablemente foi pechado pouco tempo despois porque non temos máis
referencias del.
No hay comentarios:
Publicar un comentario