Despois da Batalla de Sigüeiro (13 de abril de 1846) as tropas de Solís
quedaron en Compostela. Cantaban o himno de Riego e unha "Letanía Liberal" para darse ánimos.
LETANÍA LIBERAL
|
Los mandamientos del día
son diez:
El primero: Pobre
España y sin dinero.
El segundo: Revolución
por todo el mundo.
El tercero: No hay
palabra de caballero.
El cuarto: Los menestrales
sin trabajo y sin cuartos.
El quinto: Todos meten
en el cinto.
El sexto: Todo lo
dicho es cierto.
El siete: La
contribución que apriete.
El ocho: Que apriete
tanto hasta que salte el cocho.
El nueve: Todos hablan
y ninguno se atreve.
El diez: De cualquier
paisano se hace un juez.
Estos diez
mandamientos se encierran en dos: en hablar poco y sufrir por Dios.
|
O 22 de abril o xeneral José Gutiérrez de La Concha, que viña de Ourense, entrou no concello de Teo e
pasou a noite na casa reitoral de Baamonde. Ás cinco da mañá do día seguinte,
saíu aceleradamente cara a Pontevea, pero ao observar os movementos dos
insurrectos sobre Montouto volveu atrás para enfrontarse a eles.
Entrou en combate ao berro de "¡Viva la Reina!
¡Mueran los traidores!" por Pontillón dá Ribeira, á saída de Cacheiras. Foi
avanzando a súa posición á esquerda. Os gardas civís apostados nas casas contestáronlle
cun "vivísimo fuego" ao berro de "¡Viva la Reina libre! ¡Abajo
el dictador!".
As tropas de Solís formadas polo batallón de
Zamora, os provinciais de Xixón e Segovia, os gardas civís mandados por don Ángel
Ruíz Pons, 2 compañías de milicias, 60 licenciados do exército e 25 voluntarios
tiveron que retirarse cara a Santiago ante a superioridade das tropas
gobernamentais.
Na cidade (Sar, Hórreo, Camiño Novo...)
loitaron casa por casa, ata refuxiarse no mosteiro de San Martiño Pinario, no
que finalmente se renderon, acabando así a Batalla de Cacheiras (ou de
Montouto) este 23 de abril de 1846.
En Ordes, mentres tanto, a situación vivíase
con preocupación. O alcalde Domingo Moar
Méndez manda vixiantes máis aló de Sigüeiro para saber como vai a batalla.
Informa ao "Señor Comandante General de la columna de Operaciones"
que ás tres e media da tarde "hacia las inmediaciones de Santiago se oía
fuego como de batidas sin que se sepa otra cosa de la que pueda dar
conocimiento".
Mentres que Compostela sufría o saqueo das
tropas ao mando do xeneral de la Concha, Solís entregouse como prisioneiro a
cambio de que ninguén dos que o apoiaran fose executado por esta sublevación,
pero o capitán xeneral Juan de Villalonga, baixo as ordes expresas de Narváez
-que esixía un castigo exemplar- era partidario da execución de todos os
implicados.
En principio a idea era levalos á Coruña,
para ser sometidos a consello de guerra. Villalonga, ante un posible
levantamento do pobo coruñés, rematou por nomear un tribunal militar especial e
o 25 de abril os reos son levados á
localidade de Ordes.
Aquí a lenda local di que o alcalde Domingo
Moar negouse a asinar a orde de execución (ou que non atoparon a ninguén para
asinar, cousa máis probable), polo que emprenderon camiño de Carral e alí o segundo alcalde Fernando Insua si deu a súa
autorización.
A execución levouse a
cabo ao día seguinte (26 de abril) nuns
prados inmediatos á esquerda do camiño da igrexa parroquial de San Estebo de Paleo. Alí os oficiais
foron fusilados e entregados ao cura párroco para o seu enterramento no
cemiterio da igrexa. Solís, en cambio, foi fusilado no adro. Con entereza solicitou permiso
para dirixirse ao pelotón, rexeitando dar as costas aos seus executores e a que
se lle vendasen os ollos.
En Paleo descansan
Solís e os seus compañeiros, coñecidos como "Os mártires de Carral".
No hay comentarios:
Publicar un comentario