Contaba Xosé
Ramón Alvite en La Voz de Galicia no ano 2017 que en Galicia estábase a perder
o costume de poñer nomes ás vacas. Segundo o Control Leiteiro, das cen mellores
vacas en produción do ano 2015, só a cuarta parte tiñan nome propio. Ao resto
identificábanas cun número. Que tristeza!
Porque antigamente a vaca era todo para o
campesiño galego, compartindo con el os días e os traballos, aportando para o
seu sustento e vivindo xuntos penas e ledicias. A enfermidade da vaca podía ser
máis devastadora para a economía familiar que a dunha persoa.
Por iso antes todas as vacas tiñan nomes,
nomes que facían referencia a características como o físico, a idade ou o
carácter.
Ultimamente en Galicia o nome máis usado é Paloma, que normalmente significa que esa vaca ten
unha cor clara. Ségueno clásicos como Marela, Linda ou Pinta. Pero todos os nomes din algo do animal. Dunha Careta hai que supoñer que ten unha mancha branca na
cara. Dunha Gallarda que ten moita prestancia,
dunha Xuvenca que cando se lle puxo era a máis
nova (logo pode chegar a ser moi vella pero o nome segue aí). Capitana é unha vaca mandona, en cambio Pastora
tería un carácter dócil.
Manuel Pazos Gómez, o fundador do Obradoiro da Historia, hai anos que fixo un estudo sobre os nomes máis frecuentes das
vacas na parroquia de Marzoa (Oroso). Creo que poden ser perfectamente
extrapolables a outras parroquias da nosa comarca.
Blanca
|
Ghallarda
|
Nova
|
Rabuda
|
Bonita
|
Gharrida
|
Pacheca
|
Romera
|
Cabana
|
Linda
|
Paloma
|
Rosa
|
Cachorra
|
Loura
|
Parda
|
Roxa
|
Careta
|
Lucera
|
Parrula
|
Rubia
|
Cornuda
|
Marela
|
Pequecha
|
Teixa
|
Coxa
|
Mora
|
Pequena
|
Tora
|
Danesa
|
Morena
|
Pinta
|
Turrona
|
Ferrada
|
Neghra
|
Princesa
|
Xuvenca
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario