martes, 19 de agosto de 2025

Fusilamento en Sigüeiro

   Velaquí a transcrición dun documento que se conserva no Arquivo Histórico Universitario de Santiago (Fondo Castroviejo Blanco Cicerone) e do que me pasou unha copia Marco Antonio del Río Pardo.
 
Fusilamiento de dos facciosos carlistas
  En Sigüeiro a 2 de Diciembre de 1835, fueron fusilados ante el Juez de primera instancia de Órdenes D. Aquilino de Urenta? y el señor D. Capistrano Martínez Comandante del Destacamento del pueblo de Sigüeiro, Francisco Ríos, natural de San Clemente de Mercurín y residente en aquel entonces en Sta María de Budiño, y Juan Pombo, natural y vecino de Sta María de Bardaos lugar de Villarprego, que fueron fusilados en el pueblo de Sigüeiro en la fecha indicada, ante el excmo Diego Antonio? Vilarelle, fueron enterrados los facciosos en el frontis de la Ermita de Sta Catalina*. El Francisco Ríos es hijo de Manuel del Río y María Antonia García de Fuentes.
  Y el Juan Pombo es hijo de Rafael Pombo y Gregoria Liñares.
  Fueron cogidos en la Puente* en la larga de Castelo.
 
* A ermida de Santa Catalina estaba a carón da estrada e non onde se atopa a actual igrexa da Barciela.
  Posiblemente o lugar da Ponte na parroquia de Castelo (Trazo).
 
  Estes feitos encadránse na 1ª Guerra carlista. Tanto en Sigüeiro como en Leira había destacamentos de tropas gobernamentais para protexer o tráfico de viaxeiros e mercadorías pola estrada. O forte de Sigüeiro estaba preto da ponte. 
  Antonio María López Verea foi o primeiro xefe dunha partida carlista que operou pola zona ata a súa morte en 1836. En setembro de 1834 no propio Sigüeiro atacou a un par de militares e a un paisano e mutilou a outro soldado. En Santa Cruz de Montaos -lugar ideal por estar á mesma distancia dos destacamentos de tropas de Leira e Sigüeiro e pola costa que ralentizaba a velocidade dos vehículos- o 12 de decembro de 1835 atacou unha dilixencia fortemente protexida por entre 30 e 40 homes, matou a 7 escoltas e ao condutor e queimou a dilixencia.
  López Verea morreu en 1836 e foi subtituído por Ramón Ramos, natural de Aiazo. As accións continuaron, así en febreiro dese ano houbo un sanguento combate en San Vicente do Pino e logo en San Mamede dos Anxos. O 11 de agosto de 1837 os "facciosos" Antonio Mosquera e Gabriel Salvado foron abatidos en Beán e houbo novos enfontramentos en setembro. Nese ano era habitual que as tropas de Sigüeiro fixesen unha ronda de vixiancia que pasaba por Poulo e Leira e volvía logo ao forte.
  En 1838 a acción máis importante foi o 1 de decembro o ataque a un convoi na Costa de Montaos. O  chamado Escuadrón de la Constancia, mandado polo tenente coronel Enríquez, no medio dun forte temporal, atacou o convoi, custodiado por forzas do 3º batallón do Rexemento de Castela ás ordes do capitán Víctor Velasco. O auxilio dun destacamento de cabalería mandado polo capitán Juan Antonio Cobián, conseguiu que o convoi seguise a súa marcha a pesar dos ataques carlistas. Neste combate morreu, entre outros, o capitán José Taboada, comandante do cantón de Melide.

No hay comentarios:

Publicar un comentario