O ano 1931
empezou convulso a nivel municipal. O 6 de febreiro Juan Liñares Iglesias logrou
reter a alcaldía grazas á destitución de 6 concelleiros que lle eran
contrarios, o que provocou un gran tumulto e airadas reaccións en contra. Esta
situación foi denunciada por xornais como El Ideal Gallego e El
Pueblo Gallego. 
  Os opositores levaron o caso ao Tribunal de
Actas Protestadas que fallou ao seu favor. Foron restituídos ao seu cargo os
concelleiros depostos polo Gobernador Civil: Javier Verea Fandiño, Antonio
Álvarez Mosquera, Melchor Presedo Rodríguez, José Faya Fernández, Fernando
Liste Caramelo e Domingo Gestal Mosquera.
Pola contra quedou sen efecto a posesión de José Barreiro, Juan Calvo Conde, Ramón Calvo Pérez, Domingo García, Evaristo Gil, Saturnino López e Antonio Varela. Igualmente quedou sen efecto a elección do alcalde Juan Liñares e dos seus tenentes Antonio Ramos Insua, Antonio Moar Veiras e Antonio Verea Fandiño (irmán de Javier).
Pola contra quedou sen efecto a posesión de José Barreiro, Juan Calvo Conde, Ramón Calvo Pérez, Domingo García, Evaristo Gil, Saturnino López e Antonio Varela. Igualmente quedou sen efecto a elección do alcalde Juan Liñares e dos seus tenentes Antonio Ramos Insua, Antonio Moar Veiras e Antonio Verea Fandiño (irmán de Javier).
 O luns 30
de marzo ás tres da tarde celebrouse a sesión extraordinaria para que
tomasen posesión e proceder de novo á elección de cargos.
  Desta sesión saíu sendo rexedor Javier Verea
Fandiño*, acompañado de Antonio Álvarez o Cotovío, Melchor
Presedo e José Faya como tenentes de alcalde. 
  El Pueblo Gallego en artigo do 2 de
abril congratulábase do fin do dúo Juan Liñares "que hacía alarde de su omnímodo poder y de la impunidad de sus
vergonzosas cacicadas" e Antonio Louro Louro (o secretario) "que, a pesar de su condición de
letrado, pisoteaba descaradamente las leyes y se reía de la voluntad del
pueblo". 
  Non durou moito tempo esta corporación. O
domingo 5 de abril tivo lugar a
primeira fase das eleccións municipais (a 2ª fase, a que provocaría a caída da
monarquía, sería o día 12).
  Quedaron elixidos polo artigo 29 os seguintes
concelleiros, divididos en 3 distritos:
1º 
 | 
  
Antonio
  Concheiro Iglesias (médico e futuro alcalde desde 1968 a 1983), 
Fernando Liste Mosquera Fernanducho (industrial), José Grela Remuiñán (labrador), Antonio Bascoy (industrial), Pedro Pampín del Río e Antonio Ferreiro Pérez (labradores).  | 
 
2º 
 | 
  
José
  Pérez Ramos (rico propietario de Barbeiros),  
Vicente Cancelada Villaverde (labrador), José Veiras Ferreiro (labrador), Domingo A. Moar Veiras (propietario), Pedro del Río Rey (perito agrícola) e Melchor Presedo Rodríguez (labrador).  | 
 
3º 
 | 
  
Antonio
  Ramos Insua (propietario da pousada do Mesón do Vento),  
Juan Liñares Iglesias (industrial), Pedro Amor García (labrador), Pedro Iglesias Varela (industrial) e Francisco Raña Regueiro (industrial).  | 
 
  Os concelleiros tomaron posesión do seu cargo o 21 de abril, pero as múltiples protestas na case totalidade dos concellos provocaron a convocatoria de novas eleccións que terían lugar o 31 de maio de 1931.
A corporación só cambiou en 5 nomes. A maioría dos concelleiros estaban adscritos á dereita política e só tres pertencían ao Partido Radical.
 
Comezaba a alcaldía de Antonio Concheiro que duraría ata o ano 1936 na época do goberno da Fronte Popular.
A corporación só cambiou en 5 nomes. A maioría dos concelleiros estaban adscritos á dereita política e só tres pertencían ao Partido Radical.
| 
   
Antonio Concheiro Iglesias:
  alcalde 
 | 
  
   
Fernando Liste Mosquera: 1º tenente 
 | 
 
| 
   
Pedro del Río Rey (PR): 2º tenente 
 | 
  
   
José Grela Remuiñán: 3º tenente 
 | 
 
| 
   
Antonio Ferreiro Pérez: síndico 1º 
 | 
  
   
Vicente Cancelada
  Villaverde: síndico 2º 
 | 
 
| 
   
Pedro Pampín del Río 
 | 
  
   
Manuel Veiras Suárez (PR) 
 | 
 
| 
   
José Veiras Ferreiro 
 | 
  
   
José Pérez Ramos 
 | 
 
| 
   
Domingo Antonio Moar
  Veiras 
 | 
  
   
Domingo Gestal Mosquera 
 | 
 
| 
   
Melchor Presedo Rodríguez 
 | 
  
   
Francisco Raña Regueiro 
 | 
 
| 
   
Saturnino López Viqueira 
 | 
  
   
José Candal Gómez (PR) 
 | 
 
| 
   
Pedro Amor García 
 | 
  
   | 
 
Comezaba a alcaldía de Antonio Concheiro que duraría ata o ano 1936 na época do goberno da Fronte Popular.
| 
   *
  Javier Verea Fandiño o Carceleiro
  (Albixoi 1892 - Valencia 1978), irmán do coñecido comerciante Antonio, foi o
  encargado desde outubro de 1931 do Depósito (antigo cárcere do partido). Casado con Dolores López López (m.1977), tiveron
  unha filla, Inmaculada Adita (1929-2022), propietaria dunha mercería no centro
  da vila. 
   | 
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario