1928 foi o último ano dos "felices 20"
e foi bastante bo. Un tal Walt Disney creou un rato de debuxos animados que
chegaría a ser inmensamente famoso e, aínda mellor, un descoñecido investigador
escocés, Alexander Fleming, atopou a
penicilina, posiblemente o descubrimento que máis vidas salvou na historia.
Pero 1929 foi outra historia: Wall Street deu o 21 de outubro o primeiro aviso de que algo ía mal, moi mal, pero o golpe definitivo foi o 29 de outubro, o "Martes Negro", día en que se puxeron á venda 16 millóns de accións e non houbo comprador. A burbulla económica estalou e os americanos viron como o seu soño rachaba en mil anacos. Logo o mundo, que non inventara aínda a palabra globalización pero que xa estaba poderosamente interconectado, sufriu os efectos da paralización da locomotora americana.
España foi un
dos países aos que menos afectou e aínda así a súa produción industrial caeu
case un 20 % nos seguintes tres anos. Outros países levárono peor, especialmente
Alemaña e Austria, o que sería unha das causas da vindeira 2ª GM.
O réxime dictatorial
deteriorouse con rapidez. Lonxe quedaban xa os seus éxitos iniciais. Primo de
Rivera, que tamén sufría os efectos da diabetes, viuse progresivamente
abandonado por todos os que antes o apoiaran con entusiasmo. En xaneiro de 1929
tivo lugar un intento de golpe de estado militar que fracasou,
pero a represión posterior deixou aínda máis só a un Primo que acabaría por
dimitir un ano despois.
1928 foi un ano incomparable para a poesía: naceron o Romancero gitano de García Lorca, o Cántico de Jorge Guillén e as Poesías completas de Antonio Machado. Doutra banda Monseñor Escrivá de Balaguer fundou o Opus Dei. En 1929 tiveron lugar a Exposición Iberoamericana de Sevilla e a Exposición Universal de Barcelona.
En Galicia o
máis destacable foi a creación da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA)
por Santiago Casares Quiroga e Antonio Vilar Ponte na Coruña. En 1931 os
elementos máis nacionalistas marcharían para fundar o Partido Galeguista.
A pesar da
Gran Depresión internacional e da crise española, para a vila de Ordes que en 1928 tiña 45 casas (segundo Tierra Gallega) seguían sendo bos
tempos.
A instalación
da oficina central das obras do ferrocarril deu un empuxón á economía local,
pero o maior movemento de diñeiro producíao a feira. Había tres ao mes, o 2º domingo (denominada de Poulo), o 3º domingo e o último. Un Real Decreto en maio permitiu continuar con esas tres feiras en domingo.
Outra
novidade foi a aparición do primeiro taxi
(un Ford-A) que pertencía a Antonio Verea Fandiño (1884-1970) e, en agosto, a inauguración do Salón Cine Troche -onde hoxe está o Bar Saloon- que incluía bar e mesa de billar. Supoño que sería unha remodelación e quizais iniciarían a proxección de películas os xoves e domingos, porque como salón de baile xa levaba anos funcionando.
Tamén abriu a "Tablajería de Ignacio López" nunha casa que pertencía a Rita Castro e construíuse o muro da Alameda para separala do campo da feira.
En Lesta e en Barbeiros comezaron a funcionar as súas escolas unitarias das que foron os primeiros mestres Andrés Barbeito Ramos e Pedro de Andrés García Cuenca respectivamente. O ano seguinte tamén se construiría a do Mesón do Vento. Os axentes para a recadación de cédulas serían ese ano Pedro del Río Caramelo e Horacio Pol Amor.
Pero non eran bos tempos para todos: os labregos sufrían os embates dun inimigo máis, o bacilo do ántrax (entón denominado carbunco) que atacou ao gando. Ata 23 vacas morreron na parroquia de Leira, o que era unha catástrofe para as súas débiles economías. Tamén houbo casos de peste porcina. A José Mariño, por exemplo, morréronlle 13 porcos xa en xaneiro de 1929.

Dentro das novas de sociedade tivo lugar na vila a 1ª misa do sacerdote Manuel Romero Álvarez (da familia dos de Julián) e houbo algunhas
vodas de nivel: o médico Antonio Concheiro Iglesias casou coa moza coruñesa Euduvigis Carro, Isabel del Río Castro
(mestra en Boiro) co tamén mestre e xornalista Federico García e Pura Faya Vilariño na Capela de Lourdes co mozo santiagués Santiago Vigo Boo. Os mortos máis
notables foron Emilia Sánchez Somoza da prestixiosa familia do Pazo de Marzoa e muller de Ramón Abeijón, Inés Pérez del Río (viúva de Ramón Calvo, o patriarca da familia da ferraxería), Laureano Varela Ferreiro (1869-1928), o propietario da casa onde pernoctou Felipe II na Calle de Poulo, Pilar Pampín e Francisco Ferreiro Pérez, industrial irmán máis novo de Antón de Xan Ferreiro e avó dos Ramechos, que segundo a prensa foi vítima do frío cando facía unha viaxe a Parada en decembro.
En xaneiro Ordes recibiu a visita do xeneral Riquelme e en xullo a do tamén xeneral Martínez Anido (ministro de Gobernación), que de viaxe entre Santiago e Coruña detívose e conversou afablemente coas autoridades municipais.

En 1929 a
voda máis rechamante foi en febreiro a de Amalia Concheiro García con Pedro Losa Bondad á que asistiron uns cen invitados. Outra de certa pompa tivo lugar na igrexa de Sta María de Leira entre Valentín
Blanco del Río e Jesusa Fuentes Gestal. Foi oficiada polo párroco don Emilio
Regueiro García e o "espléndido lunch" foi preparado... si, na "Casa
Barreiro" que xa existía.
Ese ano houbo catro mortos notables: en xaneiro José Conde Barreiro, patriarca dos Condes do Bidueiro, ex-concelleiro e apoderado da viúva de López Rioboo, en febreiro Juan Barreiro Ríos*, antigo alcalde, banqueiro
e comerciante, en agosto Gumersindo Liñares Iglesias, patriarca da poderosa familia Liñares, e en decembro Eduardo Mato
González, xefe de prisión, emparentado coa familia Astray. Ademáis en abril faleceu con 33 anos Rogelia Vieites Álvarez, a muller do comerciante José Romero Faya. Tamén morreu a súa irmá Rogelia, Josefa Baamonde, o estudante de Medicina Ramón Piñeiro Ruibal e o tamén estudante de dereito Fernando Varela Rendueles.
En decembro foi nomeado como secretario do xulgado o avogado Ubaldo Rivas Martínez, procedente de Ortigueira e que botaría ata 1942 na vila.
O ano rematou cun forte temporal de choiva en decembro. Como sempre, desbordáronse os ríos da comarca (e de media Galicia). En Ordes as augas derrubaron a pequena ponte do matadoiro, quedando interrompido o tránsito e houbo que quitar moitos animais das cortes para salvar as súas vidas.

*
Juan Barreiro Ríos: Rico
comerciante -foi algúns anos o maior contribuínte de Ordes- que tivo unha ferraxería
fronte á igrexa. Ademais era representante na vila de varios bancos e chegou
a ser alcalde en 1910. Os seus fillos eran Juan, médico en Ares, José
que foi sacerdote en Bardaos, Dolores (mestra en Oroso) Manuel
(casado con Manuela Mirás Rodríguez, quedou co comercio en Ordes e morreu en 1945), Carmen (casada
con Segundo Buján Barreiro), Andrea 1895-1943 (casada con Manuel
Fernández Uzal) e Elisa Barreizo Uzal. Despois de 1945 desapareceu a familia
da vila.
|
Parroquias máis
poboadas da comarca de Ordes en 1928
|
||
ORDES 1.567 h.
|
Queixas 839 h.
|
Gorgullos 643 h.
|
As Encrobas 1.251 h.
|
Xavestre 822 h.
|
Leira 638 h.
|
Rodís 1.144 h.
|
Mesía 775 h.
|
Xanceda 585 h.
|
Ardemil 996 h.
|
Cabaleiros 677
h.
|
Bardaos 577 h.
|
Cerceda 930 h.
|
Buscás 676 h.
|
Abellá 557 h.
|
De propina un
par de chistes gráficos do ano 1928.
No hay comentarios:
Publicar un comentario