A década dos 60 supuxo un
enorme salto na modernización do campo. Buscáronse producións máis rendibles,
melloraron as razas do gando e aumentou o gasto en piensos e fertilizantes,
pero por suposto a parte máis visible foi a mecanización: aínda que os tradicionais
carros de vacas seguiron dominando a paisaxe abrumadoramente, o número de
tractores aumentou de ano en ano de forma espectacular.
Unha das causas foi que ata 1960 non
se podían comprar libremente senón que se tiñan que pedir mediante solicitudes
de adxudicación, o que limitaba moito a demanda. De feito os primeiros
tractores que chegaron a Galicia foron agasallos destinados a campesiños locais
aliñados ideológicamente co Réxime, propietarios que eran dirixentes das
Irmandades ou Xefes Locais do Movemento.
A
partir dos anos 60, nun contexto onde desaparecen os problemas políticos,
económicos e industriais do Estado xa se puideron comprar libremente aínda que
o seu enorme prezo era unha forte dificultade.
Como vemos no gráfico, en Galicia pasou de haber 400 tractores en 1960 a máis de 10.000 en 1970.
|
Número de tractores en GALICIA nos anos 60
|
|||
|
ANO
|
Unidades
|
Novas unidades
|
% de España
|
|
1960
|
407
|
---
|
0,77 %
|
|
1961
|
734
|
327
|
1,10 %
|
|
1962
|
872
|
138
|
0,99 %
|
|
1963
|
1.783
|
911
|
0,64 %
|
|
1964
|
2.140
|
357
|
1,73 %
|
|
1965
|
2.977
|
837
|
2,12 %
|
|
1966
|
4.289
|
1.312
|
2,66 %
|
|
1967
|
5.832
|
1.543
|
3,20 %
|
|
1968
|
7.446
|
1.614
|
3,66 %
|
|
1969
|
9.285
|
1.839
|
4,07 %
|
|
1970
|
10.744
|
1.459
|
4,35 %
|
E como se chegou a estas cifras? Cun forte traballo de promoción. Nos 60 o Servizo
de Extensión Agraria (SEA) colaborou a nivel local cos axentes de vendas,
empresas e distribuidoras, para informar sobre os futuros propietarios.
Igualmente exerceron este labor os monitores dos cursos de formación de
tractoristas que organizaba a Promoción Profesional Obreira (PPO) e os técnicos
do Instituto de Reforma e Desenvolvemento Agrario (Iryda). Todos eles axudaron ao
proceso de difusión, facilitándolle ás empresas fabricantes e tamén ás
distribuidoras a información necesaria para adaptar a oferta á demanda.
E un aspecto importante dentro da promoción e
publicidade da mecanización foron os concursos. Na provincia da Coruña
comezaron a celebrarse en 1962, preto da cidade, os concursos de habilidade
para tractoristas organizados pola Cámara Oficial Sindical Agraria.
En
Ordes celebraríase o 3º destes concursos en 1964, pero antes xa tivemos un adianto.
O venres 19 de xullo de 1963, organizado por Auto Avión, que era o
concesionario de Motor Ibérica SA para a venda de tractores Ebro, Superebro e
Fordson en Galicia, tivo lugar un concurso de habilidade e arada (só para
condutores de tractores Ebro e Fordson). Os premios ascendían a 23.000
pesetas (10.000 para o gañador e logo 6.000, 4.000, 2.000 e 1.000 para os
seguintes na clasificación).
Como o evento tiña un fin publicitario, logo
da competición houbo unha demostración de máis produtos e sorteouse unha
máquina cultivadora.
Segundo Fausto Blanco foi todo un éxito pois a
pesar de ser un día laborable, ata un centenar de agricultores da zona acudiron
a ver o concurso. Lamentablemente non mencionou quen foi o gañador.
|
A marca máis popular daqueles anos era Ebro, que se fabricaba
en Barcelona. Ao principio era unha marca branca da multinacional Ford pero a
mediados dos anos 60 desligouse dela e asinou con Massey Ferguson para que
lle dese asistencia técnica. Barreiros
era a primeira ou segunda marca máis popular en moitos lugares de Galicia e
metade Norte de España. En cambio John Deere, o popular
"Jondere" verde, vendía máis no Sur e ata os anos 70 non se popularizou en Galicia.
|


No hay comentarios:
Publicar un comentario