Hai 12 especies da orde dos carnívoros na
nosa comarca. Son en xeral moi discretos e de difícil observación.
O mítico lobo -ou lobo gris- é o depredador de maior
tamaño (se non contamos ao home, claro) da nosa comarca. Animal intelixente e
adaptable, o seu número non é moi alto: hai poucos anos supoñíanse menos de 700
exemplares en toda Galicia, dos que hai algúns na comarca, nas zonas máis
despoboadas e gandeiras. No centro, preto da vila de Ordes, os últimos avistamentos databan dos anos 70 do século pasado, pero parece ser que volveu.
Ás veces pode ser confundido con cans asilvestrados que tamén atacan ao gando.
O raposo en cambio é numeroso. É outro animal
sumamente intelixente e oportunista que busca optimizar recursos, así achégase
a miúdo ás aldeas onde as aves de curral poden chegar a ser o 50 % da súa
dieta. Tampouco lle dan noxo os animais mortos, calquera tipo de pequena presa
ou mesmo vexetais (8 %).
O gato bravo e a xeneta comparten hábitos forestais
pero nada máis. Mentres o gato bravo prefere coellos e non se achega para nada
ás zonas habitadas polo home, a xeneta consume preferentemente ratos e non rexeita
aproximarse ás aldeas sobre todo en inverno. Ningunha das dúas especies é
abundante pero está máis ameazado o gato bravo porque se cruza con gatos
domésticos asilvestrados e a especie vólvese cada vez menos corpulenta e fera.
Os outros carnívoros son mustélidos (animais similares á donicela
-mustela en latín-), depredadores moi
exitosos que abarcan case todos os hábitats posibles:
As especies de hábitos acuáticos son a nutria e o visón americano, mamífero alleo introducido a
partir de exemplares escapados de granxas de cría. Os restantes son de hábitos
terrestres aínda que o furón tamén ten querencia por zonas húmidas preto
dos ríos, con canles de rego. O armiño prefire os lugares máis altos e fríos, a marta
os bosques, o teixugo
(que antes era considerado un manxar) os montes máis pedregosos, a garduña
o campo aberto e a temida donicela é a que máis se aproxima ás zonas
habitadas polo home.
Os únicos ungulados localizados na nosa comarca son o xabaril e
o corzo. O primeiro está aumentando
considerablemente en número e non dubida en achegarse e dar paseos nocturnos
mesmo polos arrabaldos de vilas e cidades. Causan grandes danos ás colleitas e
son perigosos porque cruzan sen control pistas e estradas.
O corzo tamén está aumentando a súa poboación,
aínda que na nosa zona o seu número segue sendo escaso.
(Canis lupus)
|
lobo
|
|
(Vulpes vulpes)
|
zorro
|
|
(Felis silvestris)
|
gato montés
|
|
(Genetta genetta)
|
gineta
|
|
(Mustela erminea)
|
armiño
|
|
donicela, denociña
|
(Mustela nivalis)
|
comadreja
|
(Neovison vison)
|
visón americano
|
|
(Mustela putorius)
|
turón
|
|
(Martes martes)
|
marta
|
|
garduña, marturaña
|
(Martes foina)
|
garduña
|
(Lutra lutra)
|
nutria
|
|
teixugo, porco teixo
|
(Meles meles)
|
tejón
|
(Sus scrofa)
|
jabalí
|
|
(Capreolus capreolus)
|
corzo
|

No hay comentarios:
Publicar un comentario