Comezaba o ano 1961 e ao equipo de fútbol de Ordes non lle ían as cousas ben en 3ª
División. De feito en abril consumaríase o descenso do equipo.
Pero quizais o peor era que gran parte do
público estaba descontento porque todos os seus compoñentes eran foráneos. Así
que o campo de Vista Alegre, orgullo da vila por ser un dos mellores da
categoría, non podía ser usado polos mozos locais. O correspondente de El
Correo Gallego, Fausto Blanco, comentou en febreiro que moita xente
prefería o descenso do equipo se isto significaba dar entrada na aliñación a máis
rapaces ordenses.
Todo este malestar cristalizou na creación dun
novo equipo, o Rayo F.C.
Esta competencia non lle gustou nada á Xunta
Directiva do Ordes, presidida por Antonio
Concheiro. Nunha nota de prensa comentou o seu desagrado pero dixo estar
disposto a deixar o estadio sempre que non fose usado polo 1º equipo, o Órdenes B ou o Órdenes Juvenil (ninguén na vila sabía que existían estes dous últimos equipos).
Visto o percal o Rayo continou ao seu e puxo a punto un "estadio" despois
do cambio de rasante do Recreo cara ao Balado (realmente unha leira explanada e con bastante pendente). Como necesitaban unha Directiva os mozos buscaron un presidente puramente nominal que acabou sendo Emilio del Río Sánchez. O 16 de maio foi admitido como
"club adherido" pola Federación Galega de Fútbol. O seu uniforme non tería a típica cor verde de Ordes senón a amarela do lóstrego que lle daba nome.
INAUGURACIÓN
O xoves 1 de xuño de 1961 (Corpus Christi)
foi inaugurado solemnemente o "Noso Campo" con bendición do párroco
don José Fernández diante dunha gran
cantidade de público. A madriña foi a "encantadora nena" Mary
Fernández Faya, a quen o capitán do Rayo
obsequiou un ramo de flores. Por certo que esas flores saíran da terraza de
Marujita Mariño (a muller do vicepresidente Manuel Astray Rivas).
Logo tivo lugar o partido contra o club
Victoria da Coruña, que marcou o primeiro gol "oficial" no campo con
apenas 7 minutos de partido e outro máis aos 12. Pero o Rayo repúxose e acabou
dando a volta ao marcador, gañando 3-2.
Ás 11 da noite celebrouse un festival
organizado pola Directiva xunto a Comisión de Festas, amenizado polo conxunto Los Platinos da Coruña, coa asistencia de
moitos veciños, xogadores e directivos do Victoria e un grupo de mozos
santiagueses. No descanso procedeuse á
elección de Guapa de Órdenes, saíndo elixida a "simpática señorita"
Mª del Carmen Mirás Blanco.
O Victoria ofreceuse para vir máis veces a
Ordes, cousa que lle agradeceu a Directiva do Rayo.
Unha semana despois recibiu ao Arenal de
Santiago que armou un equipo para a ocasión pero tamén foi derrotado 1-0 polo
Rayo. A aliñación do equipo local neste partido foi a seguinte: Aller,
Maquieiro, Luis, Jim, Aito, Roberto, Muiño, Ignacio, Gelos, Pepe e Nando.
A partir deste momento o Rayo comezou a súa andaina. O adestrador era Muiño*, tamén novo, pero bastante maior que os rapaces (tiña 25 anos), e como delegado actuaba Manuel Ferreiro Manolo do Ramecho.
A finais do ano o Rayo participou no Torneo de Xuvenís de Santiago xunto con La
Salle, Arenal, San Lorenzo, Vista Alegre, San Pedro, Victoria de San Lázaro e
Flavia de Padrón. Non houbo nada que facer diante da superioridade de La Salle
e Arenal.
Nos dous anos seguintes o Rayo participou
noutros torneos con bos resultados. Foi subcampión de liga e copa por detrás do Noia, que era a súa besta negra. En maio de 1962 no Torneo Primavera
recibiu unha dura derrota a domicilio 0-6 por parte do Arenal. A finais do
mesmo mes tamén perdeu un amistoso de máxima rivalidade en Sigüeiro por 3-1.
En novembro de 1962 temos noticias dun partido en Noia que perderon 3-0. Xogaron aquel partido:
Ferreiro, Noya, Piñeiro, Fernández, Mariño, Roberto, Viñas, Liste, Rilo,
Fernández e Calixto.
No segundo ano Muiño xa deixou o cargo de adestrador e os rapaces autoxestionábanse eles mesmos.
1963 foi o último ano de vida do
Rayo, que caeu presa dos seus poderosos inimigos. Un día o seu campo apareceu arado e foi o fin do soño. Un artigo de Sanmartín
publicado o día 13 de setembro de 1964 en El Correo Gallego explica
perfectamente a súa historia.
UN CASO QUE NO DEBE REPETIRSE
En el campeonato juvenil que dará comienzo dentro de pocos días se ha
producido este año la baja del equipo representativo del Club Deportivo
Órdenes. No sabemos las causas que han motivado esta decisión, pero creemos que
no ha sido prudente el dejar a la simpática villa de la carretera de La Coruña
sin un equipo que la represente en los Campeonatos Nacionales de Juveniles.
Sabemos que estaba dispuesto a tomar tal representación el Rayo C.F.
como tantos años lo vino haciendo, pero a este entusiasta equipo se le han
puesto toda clase de trabas hasta conseguir hacerle desistir de su decisión.
Los impedimentos vienen ya de antiguo; primero se le negó la autorización para
poder utilizar el campo de fútbol que existe en Órdenes, viéndose obligado a
celebrar sus encuentros, en las últimas temporadas, en un descampado existente
en los alrededores, pero también hasta este campo llegó la inquina de ciertos
"amantes del deporte" que alegaban que el Rayo, simple equipo de
juveniles en donde sus jugadores quedaban en libertad una vez cumplidos los 18
años, entorpecía la marcha del primer club; consiguiendo que estos entusiastas
deportistas fuesen desalojados del terreno donde, con grandes dificultades,
venían practicando su deporte favorito. Al no poder presentar un campo que reuniese
un mínimo de condiciones la federación Gallega, fallo lógico y explicable, no
le dejó participar en el pasado Campeonato, lo que motivó la desaparición de la
sociedad. Con la idea de suplirlo, el Órdenes sacó un equipo juvenil a la
palestra y ahora, con el Rayo sin poder participar, el Órdenes se retira,
quedando la villa sin un equipo de fútbol que la represente entre los juveniles
y que a la par, fuese vivero de futbolistas para que el primer club no tuviese
que desplazarse a la capital de la provincia a conseguir once jugadores que
quieran vestir la camiseta del equipo titular, que actualmente milita en la
Serie A Regional.
Si se pensaba que el Club Órdenes, por las causas que fuesen no podía
sostener, o no estaba dispuesto a ello, un equipo juvenil, debió dársele al
Rayo toda clase de facilidades para que esta sociedad siguiese subsistiendo. No
se protege así al deporte y menos cuando este es aficionado y solo se trata de
fomentar su práctica por parte de la juventud que es la que de verdad siente
cariño hacia todo lo que practica. Es de esperar, para bien del fútbol, que
casos como el de Órdenes no se repitan.
Fotos aportadas por Carlos Mariño.
*
Antonio
Muiño Cid (1936-2012) foi xogador do Ordes e adestrador. Traballou
na Notaría e casou con Concha Veiras Meijide, coa que tivo 4 fillos: Mª
Dolores, Eva, Antonio e Conchita.
|