A finais do século XIX e principios do XX os
cambios sociais aceleráronse. Nas cidades galegas había unha cada vez máis
vigorosa burguesía aberta a novas modas non só no vestiario senón tamén en
diversos costumes que viñan do estranxeiro.
Abundaban cada vez máis os casinos, as
agrupacións de excursionistas, as corais e os cinemas. Tamén os deportes tiveron
éxito e aparecen as primeiras carreiras de coches ou de bicicletas e, por
suposto, non podía faltar o fútbol (que entón aínda se escribía foot-ball).
Na primeira década do século XX xorden
equipos en Vigo e Coruña que serán o xerme do Celta e o Deportivo. As vilas
como Ordes tardan un pouco máis, pero na década dos 20 a maioría xa contaban con
equipos que estaban conformados só polos mozos das familias de posición, pois
ao resto xa lles sobraba o exercicio físico que facían no campo e dedicaban o
seu escaso lecer a actividades máis sedentarias como a taberna ou mocear.
Aínda que moi probablemente xa se xogara algunha
outra vez, o primeiro partido en Ordes do que temos constancia (porque apareceu
unha reseña no xornal El Ideal Gallego) celebrouse en
xullo de 1924. Varios mozos de adiñeiradas
familias dividíronse en dous equipos, o "Órdenes
F.C." e o "Infantil
F.C." (este último, como o seu nome indica, estaba composto de
futbolistas de menor idade).
No Órdenes xogaron: Blanco, Juan Liñares, F.
García, Gabino Amor*, Antonio Concheiro, Pol, Fernando Varela, Gumersindo
Liñares, Celestino Concheiro, Arturo Viqueira e Manuel Mariño.
O Infantil estaba composto por: José
Concheiro, M. Álvarez, Ramón Faya, Ángel Mariño, Ruiz Louro, Rivas, L. García,
Joaquín Varela, J. Viqueira e Luis Liñares.
O árbitro foi José María Varela* (do que se
podía supoñer a súa imparcialidade pois tiña un irmán en cada equipo) e o
partido rematou 3-1 a
favor do Órdenes. Segundo El Ideal Gallego: "Al partido concurrió un público tan
numerosos como distinguido".
A partir de aquí o fútbol sería habitual,
especialmente nas festas patronais onde os partidos converteríanse nunha
popular atracción.
No Nadal de 1926 temos noticia dun partido que se disputou en Ordes contra o Bergantiños. Os xogadores carballeses xa viñeron acompañados dun pequeno grupo de siareiros que viaxaron nun camión. A victoria foi para os de Carballo por pequena diferencia pero para o xornalista de El Ideal Gallego "El resultado favorable para nuestros simpáticos huéspedes y la escasa diferencia servirán de estímulo para nuevos partidos que se verificarán el año próximo y que servirán de base de unión entre dos pueblos hermanos". Rematado o partido as dúas formacións compartiron unha fraternal cea.
Nas festas patronais de 1927 os mozos locais vapulearon 7-0 a unha selección de mozos veraneantes. Xogábase nun campo, pomposamente coñecido como "Stadium del Naranjal", que estaba á beira do cemiterio (o que hoxe é a parte sur do cemiterio vello).

En maio de 1928 perderon un partido contra o
Bergantiños por 4-3 onde a aliñación era: Blanco,
Juanito, Rapela*, Antonio, Eliseo Neira, Liñares, Antonio Louro, Jurís, Arturo, Otero e Mundito.
A finais de 1928 o equipo desfíxose
temporalmente, pero volveu recompoñerse en 1929 e seguiu disputando partidos
con regularidade e acadando en xeral bos resultados. En agosto xogaron contra
un equipo de Santiago, arbitrados por Antonio Concheiro, e empataron 2-2. A aliñación foi: Pepe,
Liñares, Tarrio, Celestino, Eliseo, Gerpe, Mundito, Verguez, Arturo, Chucho e
Louro.
Os xogadores máis destacados acostumaban ser
Eliseo e Mundito.
* Gabino Amor Rivas (1906-1947) sería recadador de contribucións e esposo da profesora Mª Concepción Carreró Cerecedo Maruja Carreró (1913-2008).
José María Varela Rendueles, fillo de Joaquín Varela Tojo (o propietario do Pazo do Peñasco), sería 12 anos despois o último gobernador civil republicano de Sevilla antes de ser ocupada por Queipo de Llano. O seu irmán Fernando, un dos xogadores, morrería moi novo, cinco anos despois, en 1929.
Jaime Iglesias Romero (m.1977) sería médico na Coruña. Toda a súa familia eran coñecidos como Rapela, o apelido da súa avoa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario