O primeiro foi o arcebispo de Santiago Manuel Lago. O domingo 18 de maio efectuou
unha viaxe oficial á Coruña sendo moi aclamado nos lugares de paso.
En Ordes fixo un breve alto no camiño e foi saudado
polas personalidades da vila. O primeiro foi, como non, o párroco don Nemesio Morgade,
que encabezaba un grupo duns 20 sacerdotes (os do resto de parroquias do
concello e outros de Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo).

Segundo
El
Ideal Gallego "el pueblo en
masa le tributó una delirante despedida".
En xullo o visitante ilustre (e por partida
dobre) foi nin máis nin menos que o líder do Directorio, o mesmo Miguel Primo de Rivera.
O 25 de xullo unha parella da Garda Civil
trouxo a noticia ... ás 4 da noite! e ás 9 da mañá, con puntualidade militar,
xa estaba o visitante, acompañado de Martínez Anido e do gobernador, ás portas
da casa consistorial.

Debeu quedar contento pois recuncou ao día
seguinte e aínda máis cedo, ás 8 e media. Esta vez, coa visita máis preparada,
xa había un gran arco de triunfo á entrada da casa do concello onde se podía
ler: "Viva el Directorio - 13 de Septiembre
de 1.923". Tamén había unha banda de música e o salón con mobles que
achegaran "respetables damas y
señoritas de la alta sociedad".
Un coro formado por parellas de nenos
interpretaron cantigas populares acompañados de pandeiretas e castañolas. Ao
parecer gustaron moito a Primo que recibiu deles e doutro grupo de raparigas
vestidas co traxe rexional un par de ramos de flores. Tamén recibiu o saúdo
dunha comisión de empregados de Facenda e outra de empregados de Aduanas que
viñeron da Coruña expresamente para saudalo.

A
finais de xullo de 1925 tivemos a visita (neste caso bastante curta) doutro personaxe moi importante:
o nuncio da Súa Santidade Pío XI, Monseñor Federico Tedeschini.
De
camiño para a Coruña, parou brevemente en Ordes, onde o esperaban todas as autoridades
locais. A petición do párroco don Nemesio Morgade, entrou na igrexa
onde orou breves momentos e posteriormente deu a bendición ao numeroso público
presente, moitos dos cales tamén bicaron o seu anel. Logo continuou a súa viaxe
á Coruña entre as aclamacións do xentío.
No hay comentarios:
Publicar un comentario