Contrariamente á dura década dos 80, a dos 90 foi bastante suave (apenas un temporal destacable en 1991), pero iso mudou
totalmente no cambio simultáneo de século e de milenio. O inverno de 2000-2001 chegaría a ser coñecido como "o inverno sen sol".
Durante 5
meses (desde outubro do 2000 ata marzo do 2001) chegaron sucesivamente
profundas borrascas que descargaron precipitacións entre fortes e moi fortes de
forma continuada. Galicia, aínda que é unha terra habituada á choiva, só vira
algo parecido no inverno de 1978-1979,
máis intenso pero de moita menor duración.
O inverno do 2000-2001, se ben de
temperaturas suaves, foi tan chuvioso que moitos ríos en Galicia non se
desbordaron puntualmente senón que practicamente apropiáronse dos terreos
lindeiros de forma case permanente. O río Umia, por exemplo, desbordouse ... 12
veces!
As intensas choivas produciron fenómenos tan inhabituais como que as beiravías e a liña central da N-550 se tinguisen de cor verde polos brións e liques que naceron e medraron nelas. Tamén se rexistrou un aumento de afeccións dermatolóxicas e depresións ligadas ás moitas horas de choiva sufridas (en xaneiro xa pasaban das 600).
As intensas choivas produciron fenómenos tan inhabituais como que as beiravías e a liña central da N-550 se tinguisen de cor verde polos brións e liques que naceron e medraron nelas. Tamén se rexistrou un aumento de afeccións dermatolóxicas e depresións ligadas ás moitas horas de choiva sufridas (en xaneiro xa pasaban das 600).
Por se todo isto fose pouco, tamén houbo
varios intensos temporais que engadiron vento á auga e que provocaron mortes e
numerosos danos materiais.
A finais de novembro e principios de decembro
as choivas xa foron torrenciais provocando un desbordamento xeneralizado dos
ríos causado pola suma de precipitacións e a saturación do terreo despois de 8 semanas
de recibir cantidades inxentes de auga. O Miño ao seu paso por Ourense capital subiu ... 8 metros por enriba do
seu nivel habitual!!! cousa nunca vista na historia.
O 28 de novembro un guindastre caeu matando a
un obreiro e a unha nena de 11 anos. Tamén unha muller de 62 anos morreu ao
caerlle encima unha árbore en Sanxenxo. Xaneiro de 2001 viu aumentar o número
de mortes cando unha parella de mozos foron arrastrados no seu coche pola riada
do río Sar. En Coristanco un home faleceu ao saírse da estrada a causa do mal tempo e
dous homes e un neno morreron na costa tragados polo mar.
Na nosa comarca os ríos tamén se desbordaron
de forma contumaz. O lugar máis afectado foi Sigüeiro onde non só o fixo o
Tambre senón tamén (e con peores resultados) o pequeno Carboeiro, que mesmo
chegou a interromper o tráfico da N-550 o 5 de xaneiro. En Ordes non faltou a habitual enchente no Campo da Feira e houbo que lamentar graves desperfectos sufridos pola ponte de Trabes en Buscás.
A
finais de xaneiro outro temporal ocasionou cortes xeneralizados nas estradas
por desprendementos de terras e centos de localidades quedaron sen
electricidade.
Febreiro supuxo un lixeiro alivio na
intensidade das precipitacións que regresaron con forza en marzo.
Por fin, en abril os galegos puidemos ver os
primeiros días totalmente despexados e felicitarnos porque unha vez máis se
cumprira o refrán: "Nunca choveu que non escampara" (aínda que fose
tan tarde esa vez).
Para acabar velaquí un pequeno e literario
artigo de José Luis Alvite sobre aquel inverno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario