Un total de 13 especies (8 anuros e 5
urodelos) conforman a comunidade de anfibios da nosa zona. Catro destas
especies son endémicas da península Ibérica, é dicir, só poden ser achadas
nela. 
  De todos os anfibios de Galicia só un par deles, o sapo
de esporóns [sapo de espuelas] (Pelobates cultripes) e o sapiño patilongo [sapillo
moteado] (Pelodytes punctatus),
non están presentes na nosa comarca. 
(Triturus boscai) 
 | 
  
Tritón común 
 | 
 |
(Triturus helveticus) 
 | 
  
Tritón palmeado 
 | 
 |
(Triturus marmoratus) 
 | 
  
Tritón jaspeado 
 | 
 |
(Salamandra salamandra) 
 | 
  
Salamandra común 
 | 
 |
(Chioglossa lusitanica) 
 | 
  
Salamandra rabilarga 
 | 
 |
(Alytes obstetricans) 
 | 
  
Sapo partero 
 | 
 |
(Discoglossus galganoi) 
 | 
  
Sapillo pintojo 
 | 
 |
(Bufo bufo) 
 | 
  
Sapo común 
 | 
 |
(Bufo calamita) 
 | 
  
Sapo corredor 
 | 
 |
(Hyla arborea) 
 | 
  
Rana de San Antonio 
 | 
 |
(Rana iberica) 
 | 
  
Rana patilarga 
 | 
 |
(Rana temporaria) 
 | 
  
Rana bermeja 
 | 
 |
(Rana perezi) 
 | 
  
Rana verde 
 | 
 
  Os urodelos
son especies moi ligadas ao medio acuático sendo a píntega común (Salamandra salamandra) a máis terrestre e, por iso mesmo, a máis
facilmente detectable en camiños e desgraciadamente en estradas -normalmente
esmagada polos coches-. Sen dúbida a especie máis interesante do grupo é a salamántiga
rabilonga (Chioglossa
lusitanica), endemismo do NO ibérico, habitante de pequenos cursos de auga
limpa e corrente débil con vexetación higrófila nas súas ribeiras. É pouco
coñecida porque non acostuma afastarse dos cursos de auga, aínda que pode
atoparse en ambientes moi húmidos en bosques caducifolios. A pesar de que ten
hábitos nocturnos tamén é posible -pero difícil- vela durante o día.
  Os anuros,
anfibios caracterizados pola ausencia de cola (ou sexa, ras e sapos), presentan
xeralmente un menor grao de dependencia da auga que os urodelos. Por este
motivo é fácil atopalos, sobre todo aos sapos, afastados de charcas e regatos.
Moitos son de hábitos nocturnos ou crepusculares, e nas noites chuviosas de
primavera e verán resulta familiar a imaxe de moitos sapos comúns (Bufo bufo) e sapos corredores (Bufo calamita) atravesando calquera carreiro. Ademais das ras
típicas, pardas ou verdes, das cales podemos atopar tres especies na zona e do sapo raxado
(Discoglossus galganoi), endemismo do
occidente ibérico, tamén podemos achar a rela (Hyla
arborea), coñecida polos seus costumes trepadores e a súa capacidade para
cambiar a coloración da pel. Ten como hábitat masas permanentes de auga dotadas
de moita vexetación nas beiras. Outra especie de comportamento peculiar é o sapo parteiro
(Alytes obstetricans), caracterizado
porque os machos levan adheridas ao seu corpo as postas, proporcionándolles
protección fronte a perigos ambientais e posibles depredadores, comportamento
que contrasta coa tendencia xeneralizada nos anfibios de ausencia ou mínimo
coidado das postas. A diferenza dos urodelos, os anuros adoitan producir ruídos
moi rechamantes. Ademais do croar típico da ra verde (Rana perezi) outras especies como a rela
cantan á noitiña na primavera e verán, o que permite detectalas con facilidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario