O acto foi moi concorrido. Ademais dos
numerosos veciños asistiu o presidente do Consello local de Primeiro
ensino Emilio
Solera, os mestres nacionais Paulino V. González de Ordes, José Sánchez
do Casal e Atanasio
García de Ardemil, o director da Banda de Música de Ordes Higinio Cambeses e o capitán do
exército Serafín
Caridad.
Estaban
tamén os dous, aínda que parentes, inimigos políticos Manuel García Gerpe e o alcalde Antonio
Concheiro Iglesias, que tomaron o acto como unha escaramuza máis na
súa xa longa guerra política.
Comezou os discursos o novo mestre da escola Ángel Sánchez
Vázquez que se centrou nas vantaxes da educación afirmando que os
beneficios alcanzarían a todos por igual. Seguiuno logo o mestre de Ordes
Paulino V. González exhortando aos presentes a que puxesen atención decidida ao
ensino dos seus fillos, encomiando a laboriosidade dos mestres aos que
cualificou de "obreiros do ensino" e terminou alabando ao réxime
republicano polas súas melloras educativas e a dignificación do maxisterio.
Manuel García Gerpe "con frases plenas de elocuencia" agradeceu a
invitación aos organizadores e aproveitou para encomiar tamén á República polo
fomento do maxisterio ao que cualificou de "economicamente liberado e
socialmente prestixiado" e, despois de explicar que a escola laica
significaba o respecto á liberdade dos cidadáns, rematou con sorna congratulándose
de que o acto estivese presidido polo alcalde que "ao parecer pretendía
dar un novo e necesario rumbo á política local".
Antonio Concheiro pasou por alto a pulla do seu rival e chamou á colaboración de
profesores e veciños no labor de rexurdimento científico, poñéndose ao dispor
de todos para acadar unha mellora científica, económica e moral. Agradeceu os
eloxios polo esforzo posto en conseguir a escola e volveu chamar á cooperación
para conseguir elevar o nivel cultural do municipio.
E como sempre en Ordes non faltou logo a actuación da banda para gozar da
celebración.
Ángel Sánchez só estaría un ano no Canedo e
sería substituído ao ano seguinte por Germán Doval García (1906-1962), mestre con inquietudes
políticas, que chegaría a ser brevemente alcalde de Ordes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario