Galicia é
unha potencia en produción láctea. En 2018 bateu o seu récord histórico ao
producir máis de 2,764 millóns de
toneladas de leite, practicamente o dobre que hai 25 anos. Iso a pesar de
acumular máis de dez anos sendo a comunidade que rexistra as peores cotizacións
en orixe de toda España. Como puido seguir medrando nun escenario tan pouco
favorable?
Principalmente,
grazas á modernización dos seus sistemas produtivos, a optimización dos cultivos
ou a mellora xenética do gando pero sobre todo grazas á redución e redimensión do
número de explotacións. Porque agora hai menos explotacións pero con máis
animais cada unha, e máis eficientes. Se a principios dos noventa unha
explotación media contaba con 25 cabezas de gando e 8 hectáreas de terreo,
agora as cifras medraron ata os 55 animais e as 18 hectáreas de
superficie agraria útil.
En 2002 había
máis de 26.000 granxas, en 2018 quedan 7.550,
é dicir: desapareceron máis de 19.000 explotacións nese tempo (o 73%!).
Rechamante tamén resulta a evolución experimentada polas vacas, que, en pouco
máis de dúas décadas, pasaron de producir 6.300 litros de leite
ao ano a superar con facilidade os 8.500 litros.
Esta gran
produción colócanos á cabeza europea e mundial. As granxas galegas conseguen
alcanzar a tonelada de leite anual per cápita, só superadas polas da Bretaña
francesa con case 1.500
litros de leite por persoa e polas rexións de Waikato e
Canterbury, en Nova Zelandia que é a primeira potencia mundial exportadora de
lácteos.
Pero non
todas as comarcas producen igual. De feito hai unha gran diferenza con respecto
á Galicia dos anos 80 con preto de 70.000 explotacións repartidas case
equitativamente por toda a súa superficie. Hoxe a maior parte do leite é
producido en só 5 comarcas: A Terra Cha,
Lugo, Ordes, Deza e Xallas. Nesta última está Mazaricos que é o primeiro concello da lista con máis de 110 millóns de litros producidos.
As comarcas
de Lugo son imbatibles grazas á súa especialización. Ambas as dúas xuntas teñen
un total de 54.500
hectáreas de terreo dedicadas a cultivos forraxeiros.
Detrás delas aparece Ordes que, coas súas 28.500 hectáreas,
xa deixou atrás á comarca do Deza con 20.500. A comarca do Xallas baixa ata as 18.300 hectáreas.
A comarca de Ordes, non obstante, tampouco ten unha produción homoxénea. Neste caso a súa alta
posición débea aos seus concellos periféricos: Frades (79,3 millóns de Tm de leite) é o primeiro da comarca e o 6º
con máis produción de Galicia, seguido de Mesía (53,9 millóns, 13º), Trazo
(53,7 millóns, 14º) e Tordoia (43,9 millóns, 20º).
No hay comentarios:
Publicar un comentario