Grazas ao mestre Nicolás del Río que era tamén corresponsal de El Compostelano temos
ampla información das festas de 1922, sobre todo na súa vertente relixiosa.
No Entroido destacou o baile celebrado na
casa da viúva de del Río, organizado polos avogados Juan Amigo Iglesias e o fradense
Carlos
Barrasa Gutiérrez. Houbo disfraces "de un delicado gusto" lucidos polas "bellísimas señoritas" da boa sociedade, entre outras
Pilar Astray, Carmen del Río Barros, Milagros Sánchez, Concha e Antonia Amigo,
Maruja Batista, Rafaela, Isabel, Celia e Sara del Río Castro e Rita e Amparo
Castro Bao.
Tamén asistiron membros dos Amigo, Astray,
Barro, Boo, del Río, García, Liñares, Maceiras, Mariño, Pol, Quiniza, Ramos e
Rapela.
En maio a Asociación de Fillas de María,
dirixida por Carmen
Pol Crespo (filla de Julio Pol), engalanou a igrexa (por medio de Maruja
Carnota, Rita Castro e Paca Pol), asistiu ao culto diario e ensaiou para a misa
do último día onde as nenas Lolita del Río Barros, filla do mestre, e Emilita Cubeiro Castro leron uns poemas.
En xuño tivo lugar a curiosa cerimonia do Viático, que foi levado aos reclusos do cárcere en procesión presidida polas autoridades, escoltada por un piquete da Garda Civil e acompañada de moita xente con velas acesas, o que deu por resultado "un acto conmovedor".
En xullo o rico propietario da Casa Grande de Parada, Balbino del Valle González, custeou as festas do Carme na súa parroquia, comprando ademais para a igrexa unha imaxe da Virxe realizada no obradoiro do gran artesán santiagués José Rivas Rodríguez, e traendo á banda "La Escala" de Guntín de Pallares (Lugo).

A comisión organizadora das festas de agosto estaba
presidida de novo polo habitual Ezequiel Astray Mato (que pouco antes recibira
a visita do seu parente, o tenente coronel Millán-Astray). Unha vez máis a
música correu a cargo da banda de Serra de Outes, dirixida por Tuñas, e a
pirotecnia a cargo do fogueteiro de Aiazo. O tamén comerciante e banqueiro Antonio
Viqueira Fuentes, pai de Mundito,
financiou a festividade do día de San Roque.
Como sempre o número de forasteiros foi moi
alto. Houbo tantos que foi preciso habilitar habitacións para comedor no
"Bar Laureano", propiedade de Laureano Iglesias García.
En setembro Santa Eufemia de Leira subiu de nivel grazas aos dispendios
particulares do novo párroco D. Emilio Regueiro García. Na misa estiveron todos os
sacerdotes da zona e os de Culleredo e Bergondo (nacido en Leira) que despois
foron invitados á unha comida na casa do anfitrión. A procesión rematou con
fogos e a elevación dun gran globo. A romería na carballeira foi moi animada.
Acudiron as mellores familias de Ordes como as de Astray, Barreiro, del Río,
Faya, Franqueira, Liñares, Liste, Mariño, Pol, Romero, Troche, e Viqueira. Aos
acordes dunha "afinada banda"
bailaron "todas las niñas bonitas
que tanto abundan en esta comarca".
As Mercedes de Poulo, parroquia da que era sacerdote D. José
Mª Barreiro García non quedaron atrás. A festa foi pagada polos
esposos Fernando
Fernández, empregado da central de teléfonos en Santiago, e Josefa Suárez (que
era natural
de Poulo). Tamén Lucía Suárez, irmá da anterior custeou unha misa e unha
emigrante no Uruguay, Filomena Rama Gil, regalou un rico mantel para
o altar maior. Nos dous días de festa houbo tempo para fogos, globos, banda e concorrida
comida campestre.
Onde só houbo función relixiosa (na vella capela) foi na festividade da Virxe de
Lourdes, celebrada en outubro e pagada polas irmás Antonia e Pilar Álvarez del Río (as de Valdés). Destacou o coro,
dirixido polo párroco de Mercurín D. Jésus Castro Naya, e composto polas mozas
Isabel e Celia del Río Castro, Piedad Carnota, Rosita Trasmonte, Elvira
Barreiro e Julia e Paca Pol.
Tamén en outubro na festividade do Perpetuo Socorro inaugurouse unha imaxe regalada polo avogado Domingo Moar.
E non faltaron en Nadal o baile no Salón Troche e a visita na escola dos nenos a un belén montado por Dolores Barros e Carmiña del Río (muller e filla do mestre don Nicolás del Río).

No hay comentarios:
Publicar un comentario