Aínda que se orixinou ao redor da Rúa da Igrexa e da Capela de
Lourdes, a destrución desta nos anos 50, fixo que o centro histórico e
sentimental da vila sexan hoxe os apenas 160 metros que van desde
o "Cruce"
á Igrexa
de Santa María onde están a Casa do Concello,
a Alameda e algúns dos establecementos máis emblemáticos como o popular Chocolateiro.
Hoxe en día Ordes ocupa unha gran extensión
xa que engloba a antiga vila das tres rúas tradicionais
(Alfonso Senra, Recreo e Lagartos) xunto
a barrios máis modernos (Campo da Feira
e Paraíso) coas antigas aldeas como O
Casal, Vilar, Reboredo, O Piñeiro e A Espenica que mesturan as vellas casas de
agricultores cos modernos chalés dos seus descendentes.
Con todo a maior parte da poboación vive no
centro, nunha zona menor de 40 hectáreas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario