O Sergas realizou un complexo estudo
sobre o cancro utilizando datos que van desde 1980 ata 2015. Centrouse nos 13
tipos de cancro máis comúns (que supuxeron o 70 % das mortes en 2014).
Respecto á evolución da mortalidade constataron
que descendeu nalgúns casos (os
cancros de esófago e estómago en homes e mulleres; os de larinxe, pulmón e
próstata en homes; e os de fígado, mama e colo do útero en mulleres). Subiu en cambio nos cancros de páncreas
en homes e mulleres e de colon en homes. No caso do cancro de pulmón, a
mortalidade mostra un comportamento contraposto entre homes e mulleres con
respecto á tendencia, sendo decrecente no caso dos homes e crecente no caso das
mulleres.
O principal
factor de risco é a idade. A maior
idade, maior probabilidade de sufrir un cancro. Galicia é, por tanto, unha
comunidade con maior incidencia que outras menos envellecidas.
O sexo ten
unha relativa importancia. En xeral os homes sempre teñen un risco algo máis
alto salvo escasas excepcións. Un caso particular é o cancro de pulmón (un dos
catro tumores maioritarios xunto aos de colon, mama e próstata) onde a
mortalidade foi moi superior no caso dos homes, pero cunha tendencia á alza nas
mulleres: mentres a idades avanzadas a mortalidade é maior en homes -de 70 a 74 anos recóllese unha
defunción por cada 25 homes e por cada 126 mulleres-, de 30 a 34 a situación é a contraria, sendo
a mortalidade en mulleres dunha por cada 9.377, fronte aos 11.401 homes.
Para ver se hai influencia territorial na
mortalidade, os investigadores dividen as mortes entre o número de habitantes
dun concello (o que se chama RME bruta). Dado que os concellos máis
envellecidos teñen cifras máis altas, suavízanse os resultados tendo en cuenta
a idade media (a RME suavizada).
Así puideron realizar mapas onde comparan a
media galega (1) coa dos distintos territorios. En xeral non hai grandes
diferenzas, excepto en dous dos cancros maioritarios (mamá e pulmón) onde as
zonas costeiras de Coruña e Pontevedra sofren unha alta incidencia, mentres nas
zonas de interior é escasa.
SITUACIÓN EN ORDES
En 2005 estalou a alarma entre os veciños de
Ordes. Catorce mortes por cancro no barrio do Recreo entre 2001 e 2004
desataron unha especie de paranoia (en parte alentada por algún partido
político) e buscábase unha razón para este elevado número. Sempre no aire
estaban Sogama e a central térmica de Meirama.
Un estudo realizado polo catedrático da USC
Juan Jesús Gestal, en colaboración cos doutores Adolfo Figueiras e Jacobo Laya,
concluíu que as defuncións por cancro eran menores en Ordes que na media de
Galicia (21,8 % fronte a 25,5 %) e que as mortes no Recreo eran un
"clúster aleatorio" (traducido a linguaxe ordinaria, unha triste
coincidencia).
A presentación pública do estudo en xaneiro de 2005 suscitou desconfianza e malestar (novamente co apoio da oposición
política). Os veciños pediron un novo estudo que foi autorizado en marzo.
Anos
despois este macroestudio do Sergas demostra que o concello de Ordes é un lugar
que está nos promedios galegos, igual ca comarca, como podemos ver na seguinte
táboa (RME suavizada).
A
continuación un mapa dos catro principais tipos de cancro. Neste caso os
resultados son os da RME bruta porque senón terían unha ou dúas cores de
máximo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario