A finais dos anos 20 foi editado o libro
"Geografía
General del Reino de Galicia" dirixido polo catalán F. Carreras Candi e escrito no seu tomo dedicado á Coruña por Uxío Carré Aldao. Nel son descritos os concellos da provincia con
minuciosidade e, entre o material gráfico, figuran planos das cidades e
principais vilas.
Un deles é o que tedes aquí abaixo. O
orixinal está en formato apaisado, pero aquí tamén aparece en formato vertical
e con información adicional.
A pesar de que a publicación é de finais dos
20, falta a "Calle Directorio" que se fixo en 1924, así que o plano
puido ser debuxado antes.
Unha reprodución (financiada pola
Caixa de Galicia, Internaco, Macoga e Reyca) foi repartida gratuitamente en
2002 polo "Obradoiro da Historia".
(Preme para ver máis grande)
No hay comentarios:
Publicar un comentario