Unha das festas que se celebraron foi a do Corazón Délfico a finais de xuño,
custeada por Antonia e Pilar Álvarez
Valdés e a súa cuñada Mercedes Salgueiro.
Houbo misa que contou coa predicación do
Xesuíta padre Cepa e o coro das fillas de María dirixido polo párroco de Marzoa,
don Manuel
Liñares Gónzalez, que estivo acompañado ao armonio polo
"avantaxado escolar" de Teoloxía Manuel Romero Álvarez*. As compoñentes eran
Julia e Carmen Pol, Carmen Barreiro, Amelia del Río, Felisa Fraga, Sara Rivas,
Rosita Trasmonte, María e Maura Amor Rivas e Pilar Romero.
Tamén houbo solemne procesión. Gabino Amor
Rivas, José e Fernando Varela*, Nicolás del Río Carro e Gumersindo
Liñares Castro alternáronse levando a imaxe,
mentres o mestre Nicolás
del Río, acompañado do seu fillo Ramón e de Javier Castro García*, portaba
o estandarte. Para que non faltase detalle había varias nenas vestidas de
branco que levaban bandexas, arcos e ramos de flores que botaban ao público
durante a procesión. Eran Encarnación del Río Barros, Maruja e Blanca del
Río, Carmen Verea, Sara Romero, Concha e Adela Maroño*, Socorro Villaverde,
Soledad Hernández e Ángeles Ceán Meiro.
Pero non hai festa sen música e para iso
nesta ocasión contouse coa reputada Banda da Garabanxa.
En Buscás, parroquia da que era párroco don Manuel Martínez
Iglesias, tamén foi moi concorrido o San Paio, que contou coa Banda dos
Ánxeles (Oroso), elevación de globos e queima de figuras.
O San Pedro de Ardemil celebrouse cunha misa celebrada polo párroco don Pascual Couce Pico acompañado de don José Mª Barreiro, parroco de Poulo, e don Manuel Martínez, párroco de Buscás. Non contentos con isto, os veciños da Barcula custearon outra misa por San Antonio. O día seguinte celebrouse o Santísimo Corpus custeado polo cura. A festa foi amenizada pola Banda de Visantoña e unha gaita do país. Queimáronse variadas figuras no adro da igrexa e eleváronse voadores e globos de "caprichosas formas".
As
festas patronais estiveron, como sempre, moi animadas.
A novidade foi que Ezequiel Astray, o
organizador habitual, deu un paso atrás. Substituírono varios mozos como o futuro
alcalde Juan Liñares Castro, o seu irmán Gumersindo, Gabino Amor Rivas e José
Romero.
Desde 1923 as festas contaron con iluminación
eléctrica pero o resto non variaba moito (non se cambiaba o que funcionaba) así
que tamén unha vez máis botouse man da prestixiosa Banda de Arca dirixida por Manuel Regueiro*.
O día 14 fixo a súa entrada acompañada de
bombas e elevación de globos. Ás 9 comezou a verbena onde tamén había gaiteiros
do país.
O día 15 houbo diana ... ás 6 da mañá. Misa
solemne ás 11 con sermón a cargo do director da residencia de Xesuítas de
Santiago. Desde a unha ata as tres o "paseo de moda" e ás cinco da
tarde competición de baile onde se premiou ás mellores parellas cun centro de
prata. De nove á unha da noite verbena con queima de figuras, elevación de
globos e fogos artificiais.
Despois de tamaño desenfreo, o día 16 a diana atrasouse unha
hora, ás 7 da mañá. Do mesmo xeito que o día anterior houbo misa solemne ás 11
e procesión con todas as imaxes ata a capela de Lourdes.
O día 17 houbo caneiros nun campo próximo e
un encontro de foot-ball entre o "Órdenes" e o "Comercial".
En setembro a Nosa Señora da Mercé en Poulo tamén estivo moi animada. Despois dun novenario con misa diaria, a do día da festa foi oficiada polo párroco de Becerreá don Manuel Martínez. Na procesión a Virxe luciu o suntuoso manto regalado polo matrimonio formado por Laureano Varela* e Felisa Uzal Varela (xa era o segundo que lle regalaban). Tamén Juana Figueiras Varela, sobriña do cura de Santa Lucía na Coruña, regalou un mantel. O funcionista foi José Ferreiro e quedaron encargados para o ano seguinte Benito Veiras Suárez e Manuel Veiras Rey.
En setembro a Nosa Señora da Mercé en Poulo tamén estivo moi animada. Despois dun novenario con misa diaria, a do día da festa foi oficiada polo párroco de Becerreá don Manuel Martínez. Na procesión a Virxe luciu o suntuoso manto regalado polo matrimonio formado por Laureano Varela* e Felisa Uzal Varela (xa era o segundo que lle regalaban). Tamén Juana Figueiras Varela, sobriña do cura de Santa Lucía na Coruña, regalou un mantel. O funcionista foi José Ferreiro e quedaron encargados para o ano seguinte Benito Veiras Suárez e Manuel Veiras Rey.
*
Manuel
Romero Álvarez (1905-1975), da familia dos de Julián, foi sacerdote en
varios lugares, rematando en Rianxo onde está soterrado.
José Mª e Fernando Varela Rendueles eran fillos do avogado Joaquín
Varela Tojo, propietario do Pazo do Peñasco, que tamén custeaba a festa.
Javier Castro García (m. 1976) era fillo do médico Ignacio Castro
Iglesias (da familia Castro).
Foi médico e viviu na Virxe da Cerca en Santiago.
Os
Maroño
Rodríguez eran varios irmáns procedentes de Sar. Adela casou con
Celestino Leandro Veiga, da familia dos Veiga.
Manuel Regueiro (m. 1934) foi fillo do fundador da Banda de Arca e
alcalde do Pino.
Laureano Varela Ferreiro (1869-1928) era o propietario da Casa Maldonado onde pernoctou o rei Felipe II.
Laureano Varela Ferreiro (1869-1928) era o propietario da Casa Maldonado onde pernoctou o rei Felipe II.
No hay comentarios:
Publicar un comentario