A primeira década do século XXI comezou co
augado inverno
sen fin, continuou con varios anos de invernos xélidos (o de 2006 foi
especialmente duro con temperaturas nocturnas baixo cero durante semanas,
chegando algunha vez aos -6º) e finalizou practicamente co temporal máis forte
do século ata o momento.
Klaus,
aínda que non baixou ata os 955 milibares do esquecido temporal de 1941 (os
de Klaus foron 964), pulverizou os rexistros do Hortensia. Por fortuna non pasou de cheo por enriba de Galicia.
Chegou a noite do venres 23 ao 24 de xaneiro do 2009 e os refachos de vento foron tan intensos que se rexistraron 198,4 km/hora na estación de Estaca de Bares, superando amplamente os 158 Km/hora do mítico temporal de 1984.

Non obstante, os seus efectos non foron comparables
aos do Hortensia, agás nas comarcas costeiras do norte (especialmente as de
Lugo) onde se concentrou a furia do temporal. Así, de 1.200.000 toneladas
de árbores danadas, máis dun millón (o 80%) foi alí.
Tamén alí houbo que lamentar a única vítima en terra, o sarxento da Garda Civil de Tráfico Lorenzo Martín, que pereceu preto de Burela cando estaba de servizo prestando axuda aos damnificados. Un pesqueiro portugués afundiuse a 60 millas da costa coruñesa pola forte ondada, e aínda que toda a tripulación puido ser rescatada en helicóptero, o capitán faleceu vítima dun infarto. Houbo ademais varios feridos por accidentes de tráfico e desprendemento de obxectos. O vento tamén derrubou seccións do tendido eléctrico deixando a varios miles de usuarios sen luz durante varias horas. Os cortes prolongáronse varios días en zonas rurais da Coruña.

As Torres de Arneiro, un conxunto de antenas de radio de máis de 100 metros de altura
construídas durante a Segunda Guerra Mundial, caeron derrubadas polo vento.
En Ordes o temporal deixouse sentir a partir
das 20:30 horas. Ás 9 da noite empezaron os intermitentes cortes de luz ata que
uns minutos máis tarde, un apagamento escureceu a vila na súa totalidade
mentres o vento e a auga ruxían. Ao día seguinte veu o reconto de danos que
foron altos pero non tanto como se temía.
Unha opinión persoal: os eucaliptos
soportaron mellor o vento que os piñeiros e frondosas, o que limitou os danos.
En 1984 os bosques da comarca estaban constituídos maioritariamente por
piñeiros e a destrución foi terrible. Necesitáronse semanas para recoller a
madeira, mentres en 2009 só foron necesarios uns poucos días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario