Unha das máis coñecidas familias da vila foron
os de
Angustia (ou Angustias). Todos os varóns foron carpinteiros e varias
mulleres costureiras.
Por vía paterna proceden dunha liña dos Regos (un dos apelidos máis habituais en Ordes) e dos Caramelo (apelido que, polo contrario,
desapareceu totalmente do concello). Concretamente o patriarca foi Benito Regos Regos (m.1936), rico
comerciante -e alcalde nalgunha ocasión- que tivo 6 fillos con María Caramelo,
entre eles Carmen, sogra do alcalde Rafael Mariño, Estrella, nai de Ramón o Practicante, e Manuel Regos Caramelo (1897-1961) propietario dun serradoiro desde os
anos 30 e casado con María Faya Vilariño (1904-1932).
Por vía materna proceden dos Viqueira
(outro dos apelidos máis habituais con máis de 300 portadores) e dos Ferreiro, concretamente de María del
Carmen Ferreiro Pérez (1854–1892), a filla maior de Xan Ferreiro.
Angustia(s) Viqueira Ferreiro (1888-1979) foi unha dos 4 fillos do matrimonio.
A sú vida foi complicada, orfa de nai (morta ao dar a luz) e de pai cando aínda
era nena. De maior casou con Juan Regos
Caramelo (1888-1960), excelente carpinteiro que estivo moito tempo
emigrado. Con el tivo 9 fillos (máis 3 que non viviron), 5 seguidos e os outros
4 despois doutro tempo de emigración de Juan. Vivían no Recreo, no lugar onde
hoxe está a cervexaría Solera.
Os tres fillos varóns tamén foron carpinteiros e no taller do maior, que estaba onde hoxe é a farmacia de Pilar Cristín Mariño, aprenderon moitos outros carpinteiros da vila como José Villaverde Prego Pepe da Pandareta ou Manuel del Río Manoliño do Carteiro. Eran lentos pero o seu traballo era de calidade.
Manuel Regos Viqueira (1917-1971) era como se dicía entón
"fraco coma un arenque". Tamén se dedicou a construción pero caeulle
unha casa no Recreo e o edificio que fixo para o "Frente de Juventudes" a carón da alameda non se lle pagou, quedou a medias e só serviu para que os rapaces fixeran trasnadas nel ata que foi derrubado.
Morreu moi novo aos 54 anos.
Do seu matrimonio con Ana Ángela
Calviño Collazo (1927-1981), unha moza que veu de Arxentina, tivo 4 fillos:
Angélica, que emigrou a Andorra e vive agora en Sitges, Manolo, Osvaldo e Francisco
Javier. Esta rama da familia son chamados os do Caseto.
Juan (1918-1996) casou e marchou para A
Coruña. Tivo dous fillos: Ricardo e Juan Manuel.
José (1928-1996) emigrou a
Brasil onde estivo 11 anos e logo a Stuttgart outros 2 anos. Cando volveu casou
con Mª Carmen Ferreiro Caramelo a Morena (da
familia dos de
Luis) coa que tivo 2 fillos: José e Águeda. Traballou logo cos seus
sobriños.
Antonia Regos Viqueira (1915-1988), a irmá maior, foi costureira. Non casou e
exerceu de nai suplente do resto dos irmáns. Quedou na casa xunto coa outra
irmá solteira, Juana (1926-2021).
María casou con Antonio Buyo, un mozo de Betanzos,
carniceiro, que veu a Ordes con Pepe de Betanzos. Independizado deste, montou a
carnicería da Rúa dos Lagartos 5. Tiveron 2 fillos: Teresa e Antonio.
Esther casou co zapateiro chegado de Noia Emilio Agraso Olveira (1921-1994). O
seu fillo Emilio foi oficial da Mariña. Logo traballou en Repsol.
Josefa, quizais a mellor
costureira da familia, casou cun albanel de Carral e marchou para Monte Alto na
Coruña. Non tiveron fillos.
Finalmente, a irmá menor, Dolores,
casou e vive na Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario