Os primeiros anos da década dos 10 foron o
preludio da tempestade: nun clima cada vez máis tenso os países europeos
estableceron alianzas preparándose para unha guerra que resultou ser global.
Aínda que houbo moitas máis causas, a conflitiva rexión balcánica que sufriu
dúas guerras en 1912 e 1913 foi a mecha do estalido. O asasinato do herdeiro
austrohúngaro Francisco Fernando en
xuño de 1914, cando visitaba Sarajevo, significou o inicio da 1ª Guerra Mundial, que cambiaría o curso da
historia para sempre.
Pero fóra de desastres naturais e guerras o
suceso máis impactante foi a catástrofe do "Titanic". O gran buque, orgullo da enxeñería, foi
afundido na noite do 14 ao 15 de abril de 1912
por un iceberg (a natureza, unha vez máis, poñendo no seu lugar ao home). Máis
de 100 anos despois a historia do Titanic aínda é un dos eventos máis
recordados do século XX.
En España foi unha época de goberno do
Partido Liberal. O político galego José Canalejas presidiu o país tentando unha rexeneración do sistema.
Desgraciadamente foi asasinado a finais do ano 1912. Álvaro de Figueroa, o primeiro Conde de Romanones substituíuno. Ambos os dous tiveron que lidar
coa Guerra do Rif. Por certo que
para loitar nesa guerra chegou a África en 1912
un novato alférez ferrolán chamado Francisco Franco. Ascendería veloz
no escalafón e daría que falar anos despois.
En Galicia continuaba a tensión no campo pero
nestes anos hai un cambio de eixo xeográfico e de liderado. Solidaridad Gallega que nacera en 1907 e que tivo moita forza na provincia da
Coruña ata 1910 comezou unha vertixinosa decadencia. En 1911 tivo lugar a Asamblea
Agraria de Monforte (a 3ª despois das de 1908 e 1910) na que foi elixido
presidente Rodrigo Sanz, momento no
que xa estaba moribunda.
O relevo foi
tomado no sur de Galicia por Acción Gallega que nacera en 1909
... en Madrid! constituída por un grupo de intelectuais entre os que destacaban
Alfredo Vicenti, Manuel Portela Valladares e un sacerdote semidescoñecido:
Basilio Álvarez. Nas eleccións de 1910
presentaron tres candidatos e saiu elixido Portela Valladares.
Contaron co
apoio do Partido Liberal ata a morte de Canalejas. Cando Basilio Álvarez pasou
a ser cura de Beiro foron os anos máis fortes do movemento (1912-13). Era un
orador formidable e carismático cun tremendo radicalismo verbal que arrastraba
aos campesiños e que fixo tremer ao goberno por un estalido revolucionario.
Neste momento
o inicial apoio e logo a inacción desapareceron. Comezaron os ataques xudiciais
ao movemento aproveitando as súas achegas a actos de axitación e terrorismo. A
Basilio Álvarez foille retirada a licenza sacerdotal e o xornal El Heraldo
Gallego foi suspendido. Logo chegou o progresivo abandono dos seus
compoñentes (Portela, Vicenti ...) entre asustados pola deriva radical e
molestos co liderado absolutista de Álvarez.
A loita do
agrarismo galego, extraordinariamente radicalizada desde 1914, non volveu ter
tanta resonancia como tivo nestes anos, pero os seus principios seguiron vivindo
no movemento agrarista e rexionalista posterior.
Pero non todo se reducía ao agro. Tamén os obreiros tiñan que dicir. En 1911 constrúese a "Casa do Pobo" de Vigo, a principal de Galicia.
E dous anos despois, en 1913 en Pontevedra, prodúcese unha defunción moi sentida, e non, non dunha persoa, senón a do famoso loro Ravachol.

E Ordes?
Foron anos de dominio do cacique liberal Saturnino Aller. Só se lle resistía o
concello de Tordoia, feudo conservador por excelencia, pero que non chegaba
para discutir minimamente o seu poder.
O progreso, en cambio, era evidente noutros ámbitos. A vila estaba cada vez mellor comunicada. En 1913 "El Noroeste" cunha viaxe diaria de Santiago á Coruña súmase ás tres que xa facía "La Regional". Ata 1919 non se lles unirá o "Castromil".
A morte máis destacada foi a do médico Marcial Carrero Ulloa (1842-1912) en Santiago. Aínda que non era de Ordes, viña continuamente de vacacións e as súas fillas (as Marcialas) residiron despois case sempre na vila. Tamén morreu en novembro dese ano don Eugenio Girón Murias (1844-1913) párroco de Buscás, soterrado á porta da "súa" igrexa.

E finalmente as noticias rosa: o 1 de setembro de 1912 tivo lugar a voda do xefe de telégrafos de Ordes, Pastor Stolle García, coa "simpática señorita" Angelita Ramos Botana en San Mamede dos Ánxeles (Oroso). Días despois, en Ordes, tamén contraeron matrimonio o farmacéutico e
futuro alcalde Santiago del Río e Josefina Carballido Pol, ambos os dous de
importantes familias. Logo dun "delicado lunch" na casa da noiva,
marcharon de lúa de mel a Portugal.
Ao ano seguinte, 1913, sería a non menos símpatica e fermosa Purificación Patiño Remuiñán, filla do escribán do xulgado Eulogio Patiño Pérez, quen casaría co "intelixente e laborioso" secretario do Concello de Trazo, José Fernández Uzal. A voda sería celebrada por don José Barreiro Uzal, parente do noivo.
E de propina tedes unha lista de personaxes da administración, a industria e o comercio, que apareceron no "Anuario Riera" de 1910.

No hay comentarios:
Publicar un comentario