Xa temos dito que os concursos de habilidade con tractores foron un dos
métodos de promoción da mecanización no agro galego.
O domingo 10 de maio de 1964 baixo un sol abrasador tivo lugar no Paraíso o Terceiro Concurso Provincial de
Tractoristas organizado pola Cámara Oficial Sindical Agraria da Coruña e
patrocinado por Andrés Conde Vázquez
(empresa que tiña unha granxa-escola e a concesión para Galicia da venda de
tractores Ebro e Fordson).
Era o primeiro destes eventos que se
celebraba lonxe da capital provincial. Nesta ocasión participaron 33 tractoristas. Deles, 9 eran do
concello de Ordes e 10 doutros municipios da comarca. Dos outros 14, 6 eran de
Coristanco e o resto doutros lugares.
A festividade dominical e o bo tempo
propiciou un gran éxito de público. O campo de probas estaba rodeado de xente
procedente de toda a comarca.
Ás 11 da mañá rematou o tempo de inscrición e,
unha vez pechadas as listas, comezou a exhibición. A primeira proba
desenvolveuse en tres pistas de 30 metros con doce postes intermedios. Nela quedaban
eliminados os dous terzos dos concursantes menos hábiles.
O gañador foi o ordense Manuel Mosquera. Os outros 10
concursantes que superaron a proba foron: Benito París, Pedro Barbeito, Benigno
Cancela, Vicente Lodeiro, José Rodríguez, José Silveira, Manuel Rey, Manuel
Areoso, José Prado e Ramón Lariño Suárez (que non estaba ao principio na lista
de participantes).
A segunda proba, levando remolque, foi
espectacular e nalgúns momentos oíronse enormes ovacións. Nese momento chegou o
gobernador civil Evaristo Martín Freire,
acompañado do conselleiro nacional do Movemento Rafael Salgado Torres. Outras personalidades que estaban presentes
eran o delegado provincial de sindicatos Luis Segura Marcos, o presidente da
Cámara Oficial Sindical Agraria da provincia Antonio Bello Vizoso, o xerente da
Unión de Cooperativas do campo Enrique Santos Bugallo e o enxeñeiro xefe do
Centro Galego de Investigacións Agronómicas Antonio Moreno. Entre as
autoridades locais estaba o alcalde Juan Liñares, o xefe da Irmandade de Labradores Antonio Concheiro e o funcionario municipal Laureano Iglesias del Río.
A proba final da que sairía a clasificación
definitiva foi de arada co chamado "arado toupa". Nela puntuaba tanto
o tempo como a perfección do rego. O gañador final foi o carralense de Cañás Benito París,
seguido de José
Rodríguez Pulleiro de Mercurín e de Pedro Barbeito Barbeito de
Abegondo. O resto dos 11 finalistas tamén levou un trofeo e todos os
participantes tiveron unha compensación económica de 100 pesetas. Benito París
embolsouse mil pesetas, a copa do gobernador civil e o trofeo "Mosa"
de Barreiros Diesel, José Rodríguez levou 750 pesetas e Pedro Barbeito 500.
O xurado estivo formado polos enxeñeiros
agrónomos Antonio Moreno, Ángel Mainer e Gregorio Santaolalla, o secretario da
Cámara Antonio Ramos e os xuíces de campo Mariño Cea, Sebastián Castro, Veiga López e Rodríguez Ascariz. O xefe de pista foi Romero González, representante
da firma patrocinadora.
Ás tres da tarde concluíu o acto entre os
aplausos do público.
|
PARTICIPANTES
NO CONCURSO
|
Manuel Rey Chico (Beán, Ordes)
|
|
Vicente Lodeiro Rosende (Lesta)
José Prado Moure (Reboredo, Ordes)
José Rodríguez Pulleiro (Mercurín)
Manuel Rodríguez Castro (Mercurín)
Manuel Areoso Ríos (Gorgullos)
Avelino Gª Puentes (Andoio, Tordoia)
Jesús Manteiga Míguez (Visantoña)
José Castro Pena (Campo, Trazo)
David Noya López (Xavestre, Trazo)
Pedro Barbeito Barbeito (Abegondo)
Gabriel Vieites Vázquez (Vizoño)
Manuel Quintela Rodr. (Coristanco)
|
José
Martínez Bello (Lesta, Ordes)
Antonio Sánchez Suárez (Barbeiros)
Emilio Rodríguez Pulleiro (Mercurín)
Manuel
Mosquera Mosquera (Ordes)
José
Vilariño Couselo (Gorgullos)
José
Silveira Juncal (Tordoia)
Jesús
Vaamonde González (Visantoña)
Jesús
Docampo Boquete (Campo)
Santiago
Muiño Rúa (Vilouchada)
Benito
París Rodríguez (Cañás, Carral)
José Mª Cruz Rábade (Betanzos)
José Barca Fernández (Coristanco)
|
|
José Álvarez Collazo (Coristanco)
Manuel Rodr. Cambre (Coristanco)
|
Benigno Cancela García (Coristanco)
José Pichel Barca (Coristanco)
|
|
Manuel Leis Señarís (Noia)
|
Carlos Barbosa Seoane (A Coruña)
|
|
José Ramón Ces Ces (Lousame)
|
Antonio Vázquez Bello (Mesoiro)
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario