O venres 30 de marzo de 2010 tivo lugar a 3ª Gala contra o Cancro (a 2ª en Ordes)
organizada pola orquestra Panorama e o Concello. Unhas 25.000 persoas
achegáronse á vila para contemplar un desfile de cantantes non tan nutrido como
no megaconcerto do ano 2009 pero aínda así impresionante. O
numero de asistentes estivo lonxe das 55.000 persoas que se esperaban pero o
tempo tampouco xogou a favor.
Isabel Pantoja era a indiscutible cabeza dun
cartel, completado por Sergio Dalma, Soraya, Seguridad Social, Kate Ryan,
Melocos, Tamara, Santa Fe, Juan Magán e de novo, repetindo, Carlos Baute. Lito,
un dos cantantes da Panorama, declaraba que era unha oportunidade única porque
Isabel Pantoja nunca cantara cunha orquestra que non fose a súa acompañándoa,
aínda que a el facíalle máis ilusión a participación de Sergio Dalma.
Con case unha hora de atraso, preto da
medianoite deu comezo a gala, conducida por Carlos Baute e Soraya. O dúo foi o
encargado de presentar aos doce artistas. A estrutura do concerto foi
a misma que nas anteriores edicións: cada cantante interpretou dúas cancións, a
primeira acompañada polos vocalistas da orquestra e logo outra en solitario pero
co acompañamento musical de Panorama. Polo medio actuacións da orquestra que
aproveitaba esta cita multitudinaria para presentar o seu último traballo "Dale al boom, boom". As
ganancias da venda dos CDs (que custaban 10 €) e de camisetas (6 €) estaban
destinadas á Asociación contra o Cancro. Lito explicou antes da gala que o
primeiro ano entregaran 16.000 € e o anterior 22.000, cifra que confiaba en
superar.
Un dos triunfadores da noite sería Sergio
Dalma, que foi recibido cunha das maiores ovacións. Comentou que viviu «unha
noite galega» debido a que viña de cantar no García Barbón de Vigo. Destacaron
tamén a presenza internacional da belga Kate Ryan e a do badalonés Juan Magán, quen
informou que as imaxes da súa actuación serían usadas no vídeo promocional do
seu último disco.
Pero sen
ningunha dúbida, a gran protagonista da noite era a tonadilleira Isabel
Pantoja, artista que non se prodigaba en actuacións benéficas e menos sen os
seus músicos propios. E non só non defraudou, senón que deixou a anécdota máis
comentada porque sufriu unha aparatosa caída ao termo da súa actuación. Facendo
un xiro, a súa longa saia xogoulle unha mala pasada e a cantante deu co seu
corpo no chan. Isabel saíu airosa do suceso, primeiro coreando a "Salve rociera" aínda sentada
no escenario, e despois tomándoo con humor -«No
me digan que no me caí con arte». Foi atendida de inmediato no centro de
saúde de Ordes e aínda que os médicos lle dixeron que se trataba dunha pequena
escordadura sen maior importancia, ela insistiu en someterse a unha exploración
exhaustiva, dado que nese mesmo pé sufrira outra lesión similar había poucos
anos. Foi trasladada a Santiago, onde lle fixeron unhas placas no Hospital
Clínico, co mesmo diagnóstico.
E así, sen maiores incidentes, rematou a 3ª
Gala contra o Cancro de Panorama.
No hay comentarios:
Publicar un comentario