viernes, 12 de abril de 2024

A familia Carballido (Piñeiro)


  Os Carballido son unha das máis antigas familias de Ordes. Xa a finais do século XVIII sabemos dun colono de Vilaverde chamado Domingo Carballido (1730-1809) que debía pagar 6 ferrados de trigo anuais ao conde de Altamira e outros 16 a D. Antonio Mª Osorio y España. Casou con Dominga Villaverde (1732-1795) -os Carballido e os Villaverde emparentarían varias veces máis- e foron pais de Gregorio Carballido Villaverde (1753-1809), que polo seu matrimonio con Josefa del Río García (?-1810) sería o proxenitor dos Carballido del Río. Antonio Carballido del Río (1788-1859) casou con Úrsula Liñares García Urcela (1788-1853), procedente de Santa Mª de Arcai, coa que tería polo menos 10 fillos: os Carballido Liñares.
  O máis notable sería Juan Ildefonso Carballido Liñares (1814-1879) sacerdote na parroquia de Castriz (Sta Comba), coengo da catedral de Lugo e finalmente da catedral de Santiago en cuxo claustro está soterrado. Ángela Agustina (1811-1892) casaría con Antonio Mosquera Bermúdez de Leira e deles descenden os Mosqueiras de Vilaverde. María (1823-?) casou con Jacobo Calvo de Pereira.
  Rosa Carballido Liñares (1828-1906) viviu co sacerdote porque non casou pero aínda así tivo dous fillos: José Mª Carballido Liñares (1854-1919) o boticario -en Vilaverde chamábanlle "buticario"- que abriu a farmacia de arriba, casou con Sofía Pol, e sería o sogro de Santiago del Río Seoane (patriarca da familia del Río), e Manuel Carballido Liñares (1865-1931), mestre en Vilasantar, Sésamo, Paderne... que casaría e morrería en Ourol (Lugo).
  Benita Carballido Liñares (1809-1848) casou con Pedro Villaverde del Río e sería a matriarca dos Villaverdes do Piñeiro.
  Os outros irmáns foron Francisco, Salvador, Agustina, Juana e (outra) María. Dalgún deles deben proceder os Carballidos do Piñeiro.
 
  A aldea orixinal do Piñeiro constaba de 3 casas: a de Gomes a carón do lavadoiro, e as de Carballido e Pedro Villaverde -familias emparentadas- ao outro lado do lavadoiro.
  O patriarca dos Carballidos foi Manuel Carballido Conde, casado con Josefa Franqueira Fernández (m.1936). Nesa casa tamén viviu un irmán de Manuel, Juan Carballido Conde (1872-1952) que chegou a loitar na guerra de Cuba e que morreu solteiro.
  O matrimonio formado por Manuel e Josefa tivo polo menos catro fillos: Jesusa, Andrés, Carmen e Ángela Carballido Franqueira.
Jesusa Carballido Franqueira (1905-1965) casou en 1934 co mozo procedente de Leira Ricardo Couto Boquete Ricardo do Monte (1910-1980) e viviron no Piñeiro. Só tiveron unha única filla, Dolores, casada con José Feijóo Álvarez que morreu moi novo aos 37 anos. Ricardo foi concelleiro e o principal responsable do nacemento do barrio do Piñeiro pois vendeu as propiedades da súa muller como soares.
Andrés Carballido Franqueira (1908-1982) foi o que quedou na casa familiar. Casou con Dolores del Río Pena (1916-1999) coa que tivo 4 fillos. Un, Manuel, morreu moi novo. Os outros tres foron Juan, que emigrou a Asturias, Carmen e Jesusa. Esta última casou con Andrés Amor (1937-2000) de Castrelos (Leira).
Carmen Carballido Franqueira (m.1974) casou con Juan Ferreiro del Río (m.1971), un dos moitos Xanferreiros. Tiveron 6 fillos: Elisa, Dolores, Carmen, Elena, Josefa e Antonio. Elisa casou con Florentino Amor, Carmen con Jesús Corbelle Chacho, Elena con José Martínez Martínez de Merelle, Josefa co Ramecho Terete e Antonio o barbeiro, herdeiro dunha das máis antigas casas da vila, con María Recouso, filla de Jesús Recouso Noya e de Jesusa Souto Ríos do Balado.
Ángela Carballido Franqueira (1911-1968) casou con Juan Fernández Rey o Capatás -era capataz de legoeiros- (1909-1998), dos Fernández das Casillas. Tiveron dúas fillas, Francisca e Jesusa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario