A restauración borbónica caracterizouse pola novidade de contar cunha alternancia de poder
pacífica entre os dous partidos dinásticos, conservador e liberal,
mediante un sistema baseado nun sistemático fraude electoral.
Este curioso sistema funcionaba así:
-
O partido no goberno entraba en crise e cedía o poder ao outro partido.
-
Este, agora no goberno, convocaba eleccións nas que, non só gañaba, senón que
arrasaba, pasando normalmente do 60 % de deputados totais.
-
Dous ou tres anos despois volvía comezar o proceso.
A
partir de 1890 o sufraxio deixa de ser censitario e pasa a ser universal (pero só
masculino), isto, que en teoría debería dificultar o fraude non supuxo na
práctica ningún cambio.
Antes das eleccións o ministro de gobernación
decidía que deputados (os seus e os do partido opositor) gañarían en cada
distrito. Este proceso bastante complicado porque había moitas faccións e había
que conciliar moitos intereses en xogo, denominábase "encasillado".
Logo daba as instruccións aos gobernadores civís e estes, á súa vez, aos
alcaldes e caciques locais. Os
caciques por diversos métodos encargábanse de que o candidato oficialista saíse
elixido. Podedes ver isto con máis detalle neste divertido enlace con moitas
caricaturas da época.
"Art. 29" (artículo 29) refírese a que o deputado foi elixido automáticamente
por ser o único que se presentou no distrito nesas eleccións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario