As feiras naceron en Galicia, como en todas partes, pola necesidade que tiñan os campesiños de dar saída aos seus produtos e mercar outros dos que eles non dispoñían. A renovación técnica da agricultura e a importancia do movemento exportador de gando vacún que afectou a Galicia fixo que, no século XIX e primeiro terzo do XX, as feiras e mercados alcanzasen un gran protagonismo na vida económica da rexión (aínda que gran parte da renovación tecnolóxica tivo que ver coas ferraxerías de vilas e cidades).
  A importancia das feiras fai que aumente o
número de intermediarios, os tratantes coas súas estacas e blusóns negros. Os
campesiños sempre estaban en desventaxa fronte a eles, os irregulares impostos,
o descoñocemento de prezos e a confusión entre os distintos sistemas de medida.
  Con todo iso as feiras eran a mellor forma de
conseguir algunhas moedas vendendo os excedentes agrarios. E non só iso, tamén
tiñan un importante compoñente lúdico e festivo.
  Estas reunións rompían a monotonía do duro
traballo diario e daban lugar a contactos sociais fóra do ordinario: desde
visitar ao médico ou avogado (se a feira era nunha vila) a coñecer xente
doutras parroquias e concellos. A festa era tanto maior canto máis importante
fose a feira e máis xente atraese. Os galanteos e bailes daban lugar a unha gran
cantidade de noivados e vodas, a pesar das prevencións do refraneiro que dicía:
"Non busques muller na feira, nin menos na romaría".
  Este aspecto festivo tamén deu lugar a
excesos. O abuso de alcol e as pelexas a navalla ou garrote por discusións case
sempre monetarias eran habituais. A finais do século XVIII quíxose limitar o
número de feiras polo suposto perxuízo que producían á agricultura por fomentar
o seu abandono. Igualmente se quixo suprimir as que se celebraban en domingo
por ir contra os valores cristiáns. Pero non se chegou nunca a nada.
  A comarca de Ordes non difería do resto de Galicia. A dispersión poboacional e os malos camiños explican o alto número de feiras. Nas "Memorias políticas y económicas sobre los frutos, comercio, fábricas y minas de España", libro de Eugenio Larruga publicado en 1798, menciónanse 5 lugares da actual comarca de Ordes que tiñan feiras mensuais. No que entón era a xurisdición de Mesía había feira na Adina, Poulo, Grabanxa e Mesía, e na xurisdición de Folgoso celebrábase unha o 1º sábado no propio lugar de Folgoso (Pereira). Ademais Lestrove (Benza) tiña 3 feiras anuais, unha delas de 3 días de duración (do 18 ao 20 de outubro), outra o domingo de Quasimodo e outra o 11 de xuño. Non na comarca, pero moi próxima, era famosa a feira das Travesas -propiedade do Conde de Altamira- que se celebraba o primeiro domingo de cada mes. 
  No ano 1900 (contando o Val do Dubra, entón chamado "Ayuntamiento de Buján") celebrábanse feiras en 16 lugares. Como en catro destes lugares eran dúas mensuais, había en total 20 feiras nun mes.
| 
   CONCELLO 
   | 
  
   LUGAR 
   | 
  
   DÍA 
   | 
 
| 
   BUXÁN 
   | 
  
   Bembibre 
   | 
  
   1º luns 
   | 
 
| 
   Bembibre 
   | 
  
   3º martes 
   | 
 |
| 
   CERCEDA 
   | 
  
   Cerceda 
   | 
  
   último sábado 
   | 
 
| 
   A Silva 
   | 
  
   véspera 1º domingo 
   | 
 |
| 
   A Silva 
   | 
  
   3º domingo 
   | 
 |
| 
   FRADES 
   | 
  
   Moar 
   | 
  
   véspera 2º domingo 
   | 
 
| 
   MESÍA 
   | 
  
   Bruma 
   | 
  
   1º sábado 
   | 
 
| 
   A Pobra 
   | 
  
   último domingo 
   | 
 |
| 
   ORDES 
   | 
  
   A Adina 
   | 
  
   3º sábado 
   | 
 
| 
   Poulo 
   | 
  
   2º domingo 
   | 
 |
| 
   Ordes 
   | 
  
   3º domingo 
   | 
 |
| 
   Ordes 
   | 
  
   último domingo 
   | 
 |
| 
   OROSO 
   | 
  
   Sigüeiro A Foca 
   | 
  
   1º martes 
   | 
 
| 
   Cachopal 
   | 
  
   día 18 
   | 
 |
| 
   Grabanxa 
   | 
  
   último sábado 
   | 
 |
| 
   TORDOIA 
   | 
  
   Viladabade 
   | 
  
   1º domingo 
   | 
 
| 
   Cabaleiros 
   | 
  
   véspera 2º domingo 
   | 
 |
| 
   Gorgullos 
   | 
  
   1º sábado 
   | 
 |
| 
   TRAZO 
   | 
  
   Benza 
   | 
  
   luns despois 2º domingo 
   | 
 
| 
   Benza 
   | 
  
   día 26 
   | 
 
| 
   
Para rematar unha anécdota
  que me contou o meu pai. 
 Nos anos 50 aínda non había patacas de semente. Cada
  campesiño reservaba algunhas para plantar pero as colleitas eran malas
  empregando as propias patacas. Empezáronse a poñer de moda as patacas de
  Trazo, así que moita xente ía á feira de San Luca en Benza a comprar patacas
  porque con elas lográbanse mellores colleitas. A demanda foi tan grande que os tracenses non daban abasto, pero
  sempre había patacas. Como era posible? Un campesiño de Ordes perdeu unha pequena
  navalla e un día atopouna nun saco de patacas que comprou na San Luca...
  Estaba recomprando por un prezo maior as súas propias patacas!!!   
 | 
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario