Unha vez máis a comisión das festas de 1923 foi encabezada polo habitual
Ezequiel
Astray, a quen acompañaban nesta ocasión Manuel Mariño, Antonio del
Río e Ramón Abeijón. En xullo xa tiñan organizada unha tómbola para acadar máis
recursos para as festas.
O programa foi similar ao doutros anos pero
cunha novidade importante: serían as primeiras
festas nas que habería iluminación eléctrica, pois a Ordes chegara este
avance a finais do ano 1922. Ademais, aproveitouse un arco (custeado por Juan Liñares)
que se creara previamente para a homenaxe ao deputado Alfonso Senra pola gran dotación económica
lograda para obras en Ordes ese ano.
O día 14 ás doce do mediodía deron inicio as
festas co inevitable disparo de bombas de palenque e repenique xeral de campás.
Ás tres da tarde fixo a súa entrada a banda de Merza (Vila de Cruces) e ás
cinco houbo vésperas solemnes na igrexa parroquial. Ás nove da noite comezou a
gran verbena na Alameda.
O 15, día grande, iniciou con diana ás oito
da mañá! seguiu ás once con misa solemne e a continuación procesión coas imaxes
da Virxe e San Roque. Dunha a dúas houbo o tradicional paseo de moda na antiga "Calle Real" e agora, desde
ese mesmo mes, Avenida Alfonso Senra (a
inauguración do nome da rúa celebraríase poucos días despois e a ela asistirían
o deputado e a súa esposa). O paseo repetiuse pola tarde, de seis a nove, do
mesmo xeito que os días seguintes. Por fin, de dez a doce, o público gozou da
iluminación eléctrica por arcos voltaicos e lámpadas de varias cores. Tamén
houbo fogos artificiais e elevación de numerosos globos.
O día 16, celebrouse a festividade de San
Roque, custeada por Carmen Mato, viúva de Manuel Astray López (o
patriarca dos Astray na vila de
Ordes).
O día 17 repetíronse os festexos, e pola
noite, deuse un gran baile de sociedade na honra dos forasteiros, que foi amenizado
tamén pola banda de Merza.
Velaquí o artigo que dedicou ás festas La
Voz de Galicia.
Como resultaría pálido cuanto pudiéramos decir respecto al esplendor con que se han celebrado las fiestas de esta
villa, me concretaré a hacer constar que las iluminaciones fueron vistosísimas,
sobre todo la eléctrica, que por ser la primera vez que lucía en este pueblo, llamó poderosamente
la atención, pues colocados los focos entre la
frondosidad del arbolado de la Alameda, daban a aquel paraje, un aspecto
fantástico.
El fuego de lucería fue variadísimo y entretuvo a la numerosa concurrencia allí congregada hasta hora muy avanzada de la
noche. La sección de globos agradó igualmente,
acreditándose una vez más el buen gusto del
industrial de Betanzos Claudino Pita*.
La banda de música de Merza ejecutó con una gran afinación y gusto
varias notables composiciones, que fueron del agrado del público, que las
aplaudió con gran entusiasmo. La gente joven bailó a su
antojo al compás de los preciosos bailables ejecutados por la banda.
Las solemnidades religiosas resultaron igualmente
espléndidas, siendo costeada por la señora viuda
de Astray, la función de San Roque, cuya insignia de funcionista fue llevada
por la nieta de dicha señora, la angelical Carmiña Astray Troche, a quien acompañaron sus primitas Marujita y Pilar. La misa
solemne fue cantada por un coro de bellas señoritas, bajo la dirección del
inteligente párroco de Santiago de Rovidiños, D.
Jesús Castro Naya.
* Claudino Pita Pandelo (m. 1933) empresario de Betanzos que construía globos e faroliños para as festas, foi case unha institución a finais do século XIX e principios do XX: non había festa que se prezara que non contase cos seus globos e iluminación. Está intimamente ligado ao globo de Betanzos que comezou a fabricar en 1875 e que aínda seguen a facer os seus descendentes.
* Claudino Pita Pandelo (m. 1933) empresario de Betanzos que construía globos e faroliños para as festas, foi case unha institución a finais do século XIX e principios do XX: non había festa que se prezara que non contase cos seus globos e iluminación. Está intimamente ligado ao globo de Betanzos que comezou a fabricar en 1875 e que aínda seguen a facer os seus descendentes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario