-
Rematou a 1ª GM coa vitoria dos
aliados, o que supuxo un completo cambio no mapa de Europa (desapareceron os
imperios austrohúngaro e turco e naceron varios novos países). Tristemente foi
un final en falso que deixou profundas feridas e pode dicirse que xa quedaron
aí sentadas as bases para unha nova guerra.
-
A epidemia de gripe "española"
(española porque no noso país, non sometido á censura de guerra, informouse
dela e pareceu en principio o máis afectado). Foi a máis mortífera da historia,
moitísimo máis letal que a propia guerra. Calcúlase que morreu máis do 2,5 % da
poboación mundial.
Anecdoticamente
1918 tamén foi o ano que viu por 1ª vez (en Estados Unidos) o adianto dunha
hora no reloxo, costume que segue dándonos a vara actualmente.
España, como non, seguía en crise. Volvía
gobernar o Partido Liberal que convocou eleccións
en febreiro. O goberno de García Prieto non foi capaz de resolver o dobre
problema causado polos obreiros (que en constantes manifestacións solicitaban
melloras laborais, salariais e sociais) e polos deputados catalanistas. En maio
sucedeuno Maura, en novembro volveu García Prieto e en decembro o Conde de Romanones, pero os problemas, lonxe de resolverse, seguiron medrando.
En Galicia as Irmandades participaron con 4
candidatos ás eleccións pero non lograron bos resultados. A finais de 1918
abandonan o rexionalismo e decláranse "nazonalistas". Aínda que
agora isto ten un alto valor simbólico, naquel momento contaban con moi pouco peso
real.
En Ordes Alfonso Senra (nese momento definido
como "gassetista"), que se enfrontaba ao maurista Luís Harguindey,
obtivo de novo o escano sen maiores problemas.
Un novo actor sumouse ao conflitivo mundo
agrario: o sindicalismo católico iniciou a súa andaina en Ordes despois dun
concorrido mítin en novembro.
Houbo 86 xuízos no distrito, o 3,8% do total coruñés que foi de 2.231. Ordes tiña o 4,6% da poboación provincial, así que non éramos a zona máis problemática. Problemática era, en cambio, a condición do cárcere como demostrou a fuga dun recluso en xuño queimando o teito da súa celda, porque o xefe da prisión... non tiña subordinados. A persoa que cobraba como vixiante non aparecía por alí desde a súa toma de posesión... había máis dun ano!!!

O ANO DA GRIPE
Pero a gran noticia foi, como en todo o mundo, a gripe -entón aínda se
escribía ao estilo francés "grippe"-.
Mentres no centro e sur de España sufriron os seus efectos no verán, Galicia librouse ata o último trimestre do ano en que atacou desapiadadamente. Da fe da súa inclemencia que na cidade de Santiago o 29 de outubro de 1918, 12 das 21 defuncións foron causadas pola epidemia. Había tantas mortes na cidade que as campás deixaron de soar para non desmoralizar á poboación. Na cidade da Coruña as mortes foron 38 o día 15 de outubro e superaron as 560 (delas houbo máis de 140 de nenos menores de 10 anos).
Calcúlase que entre agosto de 1918 e abril de 1919 o índice de mortes en Galicia foi de 1,45 % en Ourense (a provincia peor parada), 1,27 na Coruña, 1,1 en Lugo e 0,89 en Pontevedra -esta última estivo por algo por debaixo da media española que se estima en 0,92 %).

Nese ano 1918 en España morreron case 700.000 persoas! (695.758), o que supón 33 por cada 1.000 habitantes. Para dar idea da magnitude da catástrofe, o 2º ano máis letal do século XX que foi 1938, coas matanzas da Guerra Civil, "só" faleceron 484.940 persoas, ou sexa, 19 de cada 1.000 habitantes.
E na nosa comarca?
En outubro Ordes xa superaba os 160 enfermos, Cerceda os 70 e Val do Dubra 60. Nun determinado momento todos os médicos de Ordes estiveron enfermos. Sabemos de tres defuncións na vila: Soledad Vilela (1ª esposa do comerciante José Mariño), Carmen del Río e Carmencita García (muller e filla do notario José García Álvarez). Tamén probablemente Manuel Liste Mosquera, irman de Fernanducho, que morreu en novembro. Pero o número total tivo que ser moi alto, posiblemente máis de 60 persoas.
Afortunadamente, como veu, foise, e na primavera de 1919 rematou o pesadelo. "¡Vivimos de milagro!" proclamou aliviado un redactor de La Voz de Galicia e non lle faltaba razón.

No hay comentarios:
Publicar un comentario