A fauna de réptiles de Galicia está composta
de 24 especies, das cales 9 poden atoparse na comarca. Este número
relativamente baixo xustifícase porque o sur da comunidade galega, cun clima
máis favorable, é bastante máis rico en especies que o norte. 
  A nosa fauna está conformada por 4 ofidios e
5 saurios, sendo 4 deles endémicos da Península Ibérica. Para observalos hai
que esperar aos meses de primavera e verán, durante os cales a súa actividade é
máxima. No inverno, aínda que non existe un fenómeno de hibernación estrito, a
maioría retarda enormemente os seus ritmos de actividade, aínda que as pequenas
lagartas ou algunha cóbrega poden asomar entre as fendas de muros e rochas nos
días de sol.
(Anguis fragilis) 
 | 
  
lución 
 | 
 |
(Chalcides striatus) 
 | 
  
eslizón
  tridáctilo ibérico 
 | 
 |
(Lacerta lapida) 
 | 
  
lagarto ocelado 
 | 
 |
(Lacerta schreiberi) 
 | 
  
lagarto
  verdinegro 
 | 
 |
(Podarcis bocagei) 
 | 
  
lagartija de Bocage 
 | 
 |
(Coronella austriaca) 
 | 
  
culebra lisa
  europea 
 | 
 |
(Natrix natrix) 
 | 
  
culebra de
  collar 
 | 
 |
(Natrix maura) 
 | 
  
culebra viperina 
 | 
 |
(Vipera seoanei) 
 | 
  
víbora de Seoane 
 | 
 
 Os saurios presentes están representados por
unha especie ápoda (sen patas), o escáncer [lución] (Anguis fragilis), outra coas extremidades moi
reducidas, o esgonzo [eslizón
tridáctilo] (Chalcides striatus), e tres especies de lagartos e lagartas
con extremidades anteriores e posteriores de tamaño normal. 
  A pesar do seu aspecto serpentiforme o escáncer
non é un ofidio e, en realidade, está moi próximo ás lagartas, feito que se
reflicte na presenza de pálpebras móbiles, características das escamas e a
capacidade para rexenerar a cola. 
  O esgonzo lembra vagamente ao escáncer, pero
presenta unha coloración dorsal con estrías lonxitudinais característica,
ausentes naquel, así como extremidades reducidas. Do mesmo xeito que o escáncer
é un réptil ovovivíparo, é dicir, os ovos fecundados desenvólvense dentro do corpo
da femia, do que saen relativamente maduras un número de crías que oscila entre
3 e 15. 
  Os lacértidos con extremidades normais gustan
en xeral de moverse polas pedras, sendo unha excepción o lagarto das silvas [lagarto
verdinegro] (Lacerta schreiberi), o cal prefire hábitats húmidos. En
todas estas especies os machos posúen cores moito máis rechamantes que as das
femias, así como un acusado comportamento territorial. A diferenza do escancer
e os esgonzos, tanto o lagarto arnal [lagarto ocelado] (Lacerta lepida) como o das silvas e
a lagarta galega
[lagartija de bocage] (Podarcis bocagei) son
réptiles ovíparos, é dicir, o desenvolvemento dos ovos fecundados prodúcese no
medio externo, fóra do corpo da femia. As tres especies son bastante
abundantes.
  Dos ofidios 3 pertencen á familia Colubridae
e 1 á Viperidae. 
  As primeiras son especies inofensivas,
carentes de veleno e facilmente diferenciables (para os que se acheguen -cousa
non demasiado prudente-) das víboras pola posesión de grandes placas cefálicas,
pupilas redondas e placa anal dividida. 
  O único ofidio endémico é a víbora de Seoane, amplamente difundida por toda Galicia
e fácil de ver na nosa contorna. As víboras si son perigosas para o home
(especialmente para os nenos) xa que posúen veleno e dentes inoculadores. Con
todo son raros os accidentes -se non tentamos collelas, claro-. 
  Diferéncianse das culebras no reducido número
de placas cefálicas, pupila vertical e escama preanal enteira. Ademais destes
trazos, a víbora de seoane adoita presentar un deseño dorsal con dúas bandas
claras paralelas e unha banda central máis escura, que facilita a súa
identificación a distancia. 


No hay comentarios:
Publicar un comentario