Preme para ver máis grande.
O concello de Tordoia, antes de 1836 coñecido
como Vilarprego, é o 2º máis extenso da comarca e o máis occidental.
Precisamente
a parroquia máis occidental, Anxeriz
(16 km2), é unha especie de península xeograficamente allea á
comarca pois os seus ríos desaugan no Anllóns e no Xallas. Tamén é onde está o Monte Castelo que, cos seus máis de 560 metros , é o lugar
máis alto do concello.
As outras nove parroquias forman un bloque
amesetado que vai descendendo de altura de oeste a leste. A parroquia de Viladabade no Petón da Cruz chega aos 530 metros de altura mentres
que Numide e Leobalde, ao leste, no curso do Lengüelle baixan dos 240 metros .
Os xistos metamórficos precámbricos,
coñecidos como xistos de Ordes, ocupan a parte leste do territorio pero deixan
paso na parte central (Bardaos, Cabaleiros) ás granodioritas, rochas de tipo
granítico, e máis ao oeste (Castenda e Anxeriz) ao gabro.
O río máis importante é o Lengüelle, que atravesa a parroquia de
Gorgullos e logo serve de fronteira entre Numide e Leobalde cos concellos de
Ordes e Oroso. O seu principal afluente é o río Pontepedra (que pasa pola capital) que, á súa vez, recibe ás augas
do río Viladabade.
O clima,
como no resto da comarca, é oceánico
hiperhúmido.
A poboación é escasa. En 1950 superou os
6.200 habitantes pero desde entón houbo un continuo descenso (agás nos anos
90). No século XXI é o concello da comarca cun ritmo de descenso máis acusado.
As 10 parroquias teñen uns 64 núcleos de poboación.
A capital é Pontepedra na parroquia de San Xian de Cabaleiros.
Hai paisaxes de gran beleza coma os que rodean o encoro de Vilagudín, e outros con formacións
rochosas singulares. Tamén conta cun interesante patrimonio civil e relixioso. Pero, sen
dúbida, o monumento máis destacado é o famoso Dolmen de Cabaleiros.
De propina un vídeo sobre o concello:
No hay comentarios:
Publicar un comentario