martes, 16 de mayo de 2017

A 1ª iluminación pública

   En xuño de 1908 Ordes parecía entrar na modernidade. Os seus veciños ían ter iluminación pública! Non era eléctrica (empregaba carburo de calcio para fabricar un gas chamado acetileno) pero era un gran avance.
  Tristemente non contaban con eses elementos pouco civilizados que sempre poboaron a nosa comarca. Poucos días despois da inauguración ... o gozo nun pozo.

  Pero case será mellor que vexamos  como o contou "El Diario de Pontevedra" na súa edición do 22 de xuño:

  Hace pocos días se inauguró en la villa de Órdenes el alumbrado público, por medio del acetileno, mejora que aquel vecindario debe a las plausibles iniciativas de su actual ayuntamiento.
  Con verdadero júbilo se había inaugurado tal servicio público y los vecinos aplaudían satisfechos tan buena mejora. Pero los habitantes de Órdenes no contaban con que hay seres que no viven más que en la oscuridad completa.
  Hace dos noches, Ramón Pena Gomes y Laureano Iglesias Mosquera se dedicaron a destrozar las columnas, faroles y mecheros del alumbrado público, quedando este inutilizado por completo.

 Aquel remoto suceso podémolo relacionar con outro máis recente: 
 En novembro do ano 2015 foi colocado un monolito no paseo do río Mercurín recordando a figura do concelleiro do BNG Ramiro Recouro Liste, falecido había pouco tempo. Só 6 días despois, o monolito apareceu case totalmente manchado con pintura verde.
  E a inevitable reflexión: Máis de 100 anos despois, Que pouco temos cambiado!

No hay comentarios:

Publicar un comentario