Preme na imaxe para ver máis grande.
Poderiamos dicir que Oroso ten forma de
"u". Na súa parte sur o río Tambre,
ao comezo do seu curso medio, sérvelle de fronteira co concello de Santiago.
Loxicamente son as terras máis baixas (uns 220 m . de altura).
O terreo en gradual descenso desde o norte (O
Petón na parroquia de Senra con case 370 m . é o lugar máis elevado) ten amplos e
abertos vales en dirección N-SO polos que discorren catro afluentes do Tambre.
De leste a oeste son: o Maruzo, Samo, Carboeiro (9,5 km ) e Lengüelle que lle serve de fronteira co
concello de Trazo.
Esta densa rede hidrográfica discorre sobre
materiais de tipo xisto, facilmente erosionables pola acción fluvial, o que dá lugar
a unha paisaxe suavemente ondulada. Só ao oeste das parroquias de Trasmonte e
Oroso hai algúns afloramentos de gneis.
O clima,
como no resto da comarca, é oceánico hiperhúmido con temperaturas suaves e
altas precipitacións.
Hai 84 lugares habitados repartidos en 11
parroquias. A poboación medrou de
forma espectacular durante o século XXI (máis de 2.000 habitantes). Actualmente pasa dos 7.500 habitantes, a
maioría en Sigüeiro, capital desde 1975, a vila máis dinámica da comarca nos
últimos anos.
Conta con paisaxes de gran beleza, como a área Recreativa do Cachopal na
ribeira do Maruzo ou O Refuxio na do Tambre, e un rico patrimonio artístico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario