Artesanía Villares comezou a súa andadura a
principios dos 50 en Ordes pero os seus mellores momentos viviunos nos anos 60.
Os fundadores foron Luis Villares Torres (1906-1979)
e a súa muller Carmen
Sánchez Marín (1909-1986).
Luis Villares veu desde a Coruña a Ordes no
ano 1945 para traballar na industria láctea, pero gustáballe máis o que facía a
súa muller, así que deixou o traballo na fábrica do leite e aprendeu debuxo
para crear a súa propia empresa no edificio Nº 28 do que hoxe son os Parques Municipais
e entón o vello campo da feira.
|
Nos anos 60 puxéronse de moda as
bandeirolas (banderines
en castelán). Case todas las vilas e
outras institucións tiñan algún que vendían ou daban de recordo. En xeral ao
principio eran fotografías plastificadas, pero convertéronse en obxecto de
colección e comezaron a fabricarse tamén en tea.
|
Empezaron facendo bolsas para medias e panos,
decoradas con figuras en relevo recortadas en feltro, pero logo aproveitaron a
moda das bandeirolas e centraron a súa produción nelas. O deseño máis
habitual era unha parella vestida co traxe rexional e o nome da localidade
enriba, todo iso feito de feltro e cosido ou pegado ao fondo. O curioso é que
as fabricaban para toda España e, en xeral, sobre demanda. As cidades máis turísticas
como Madrid, Barcelona, as andaluzas e Toledo eran os seus principais mercados.
Pero mesmo lugares como o cantón suizo de
Vaud lles pediu unha partida de bandeirolas, ao mesmo tempo que lle enviaban
fotografías do lugar e dos seus traxes típicos. Tamén recibía encargos de países hispanoamericanos como Venezuela e El
Salvador.
Outras das súas creacións eran pequenas
bonecas, meigas, duendes... Unha das que máis orgulloso se sentía Villares era un
gran tapiz que decoraba unha parede e que constaba dunha mestura de elementos
simbólicos coruñeses e composteláns como o Faro de Hércules, o escudo da
Coruña, a cruz de Santiago ou o botafumeiro. Ese tapiz estuvo exposto na Feria del Campo en Madrid na que foi moi
eloxiado polos visitantes.
O traballo era totalmente artesanal e apenas
usaban a máquina de coser. Nos anos 60 tiña unhas 15 empregadas ás que formaba.
Cando xa sabían o traballo podían gañar
unhas 500 ou 600 pesetas e ás veces algo máis se había algún encargo
extraordinario.
|
Luis Villares morreu en 1979
e foi soterrado no cemiterio do Piñeiro. A súa muller, Carmen Sánchez, finou en 1986
e está soterrada na parroquia orosá de San Mamede dos Anxos en compañía da
súa filla maior Mª Carmen (1935-2022) e do seu xenro Manuel Castro Ramos de
Meimixe. Os outros dous fillos do matrimonio foron José Luis e Gloria
Villares Sánchez.
|



No hay comentarios:
Publicar un comentario