Datos aportados por Xorxe de
Xan Ferreiro (JLP), membro desta familia.
Como a maioría de comerciantes de Ordes, a familia López tamén veu de fóra. O matrimonio formado por Ignacio López Penas (1896-1988) e Serafina Camino Rivadulla (1898-1978) eran oriúndos da parroquia da Castañeda (Arzúa). Na vila de Arzúa rexentaron unha casa de comidas e tiveron tres fillos (Alfonso, Carmen Raimunda e Luisa) que morreron en idade infantil.
Como a maioría de comerciantes de Ordes, a familia López tamén veu de fóra. O matrimonio formado por Ignacio López Penas (1896-1988) e Serafina Camino Rivadulla (1898-1978) eran oriúndos da parroquia da Castañeda (Arzúa). Na vila de Arzúa rexentaron unha casa de comidas e tiveron tres fillos (Alfonso, Carmen Raimunda e Luisa) que morreron en idade infantil.


Dolores casou con Carlos Espiñeira Pellit
(1925-1982) dunha rica familia de Sigüeiro (o seu irmán Amancio foi alcalde de
Oroso nos anos 70). Espiñeira empezou vendendo cereais e fabas ao por maior e
logo meteuse en diversos negocios como o abastecemento de augas. Morreu aos 57
anos. Tiveron 7 fillos (máis un -Amancio- morto na infancia en 1961) que están espallados por España e o estranxeiro.
Manuel, bastante aloucado nos seus anos mozos, casou con Dolores Franqueira Liñares,
procedente da Castiñeira -preto de Vilar-. Emigraron a América e tiveron un par de fillos: Manuel Ignacio e Fátima.
María, casou con Manuel
Mosquera Rilo o Vasco (1932-2012), con quen rexentou o moi
coñecido bar "O Vasco" na esquina de Alfonso Senra cos Lagartos. Agora encárgase do bar a súa filla Begoña.
Francisca
(1934-1960) emigrou a Venezuela pero volveu e casou co taxista Pedro Santos. morreu moi nova.
José Ramón (1934-1983) casou con Ángeles
Pereiro Ferreiro (1937-1982). Emigraron a Suiza pero retornaron e fixéronse
cargo da carnicería familiar. Ambos os dous morreron novos a principios dos 80
deixando dous fillos: Jorge e José Ignacio López Pereiro.
Juan (1936-1996), que tiña as facultades
mentales diminuídas, vivía na casa paterna e morreu traxicamente. Un incendio
ocorrido en marzo de 1996 destruíu a casa e rematou coa súa vida.
Como anécdota engadir que os patriarcas
Ignacio e Serafina foron tíos e padriños de María de la Paz López Pestonit, nai
da popular cantante Marta Sánchez López.
*
"Tablajería" era o nome que
antigamente se lles daba ás carnicerías (porque o xénero poñíase enriba de
táboas).
O letreiro debería por "Tablajeria" mais en realidades rezaba "TABLAKOA" o pintor ficaría sen espazo.
ResponderEliminarGrazas polo teu traballo
De nada. Un saúdo.
Eliminar