domingo, 18 de junio de 2017

Árbores da comarca de Ordes

  A lista de árbores é curta, roldando as vinte especies, incluídas as cultivadas. Se engadimos outras nas que o número de exemplares presentes na comarca non é alto poden aproximarse ás 50 especies.

Os CARBALLOS, en plural, porque son dúas as especies do xénero presentes na Terra de Ordes difiren pola súa frecuencia. O carballo típico (Quercus robur- roble) é a especie case exclusiva, e distínguese ben polas súas landras colgantes de longos pedúnculos e as follas lampiñas. A árbore chamada en Galicia cerquiño, veriño ou rebolo (Quercus pyrenaica - melojo ou rebollo), é moi rara, posúe landras sostidas por longos pedúnculos e follas cubertas de pelos que se ven á primeira ollada e séntense ao tacto, coma se palpásemos un feltro ou a cara interna dun coiro.

Dos PIÑEIROS tamén hai dous no territorio: O piñeiro marítimo (Pinus pinaster) ou piñeiro bravo é unha árbore probablemente autóctona mentres que o piñeiro de Monterrey ou piñeiro insigne (Pinus radiata) é unha especie traída da costa pacífica americana, de California concretamente, pola súa boa adaptación ás condicións climáticas de aquí e rápido crecemento. O primeiro, aínda que é autóctono, tiña unha localización natural moi restrinxida e só o cultivo sistemático e a expansión por medios deforestados permitiron a súa rápida expansión nos dous últimos séculos.

O EUCALIPTO máis común (Eucalyptus globulus) é unha especie proveniente do sueste de Australia que só leva en Galicia desde 1850 ou 1860. Utilizada en principio como planta ornamental e fixadora de noiros polo seu rápido crecemento, agora é usada masivamente en plantacións de gran densidade de pés como base da industria madeireira en toda a Galicia costeira situada por baixo dos 400 m.


Acompañando ás carballeiras atopamos outras árbores, frecuentemente illadas ou en pequenas formacións:

O castiñeiro (Castanea sativa) cuxo froito e madeira foron fundamentais na historia do pobo galego pero que progresivamente foi perdendo importancia. O acivro* (Ilex aquifolium - acebo), a pereira brava (Pyrus cordata), o estripeiro*, escambrón ou espiño albar (Crataegus monogyna - majuelo) e o sanguiño* (Frangula alnus - arraclán).

Se hai chans profundos e relativamente húmidos incorpórase o bidueiro (Betula pubescens - abedul) como anticipo dos bosques de galería fluvial. Ás veces tamén atopamos o freixo (Fraxinus excelsior - fresno). Nas cotas máis baixas, con ambientes secos e cálidos déixase notar a influencia mediterránea pola presenza de folla dura e lustrosa, que son frecuentes nas carballeiras costeiras, entre elas o loureiro (Laurus nobilis - laurel).
  A vexetación ribeirega está composta por bosques de ameneiros (Alnus glutinosa - aliso) acompañados de bidueiros e salgueiros* (Salix atrocinerea - sauce) e, en ocasións, de abeleiras* (Corylus avellana). Trátase de bosques lineares, paralelos sempre á canle. Ás veces preto dos ríos e outras preto dos camiños, en solos ricos en nitróxeno atopamos o bieiteiro* ou sabugueiro (Sambucus nigra - saúco).
  Finalmente aparecen plantas ornamentais que se van asilvestrando e estendendo como a mimosa (Acacia dealbata), o carballo americano (Quercus rubra) ou o chopo branco (Populus alba).

* As plantas leñosas que ramifican desde o chan son arbustos, por tanto estas especies, tecnicamente, non son árbores senón arbustos.
 
ÁRBORES (ou arbustos*) da COMARCA
piñeiro do país
pino gallego
abundante
piñeiro manso
pino piñonero
escaso
piñeiro americano
pino insigne
frecuente
ameneiro
aliso
abundante
bidueiro
abedul
abundante
abeleira*
avellano
escasa
buxo*
boj
escaso
sabugueiro*
saúco
frecuente
érvedo*
madroño
moi raro
uz branca*
brezo blanco
frecuente
castiñeiro
castaño
abundante
rebolo
roble negro
escaso
carballo
roble
abundante
carballo americano
roble americano
frecuente
sobreira
alcornoque
moi rara
nogueira
nogal
rara
loureiro
laurel
abundante
mimosa
mimosa
frecuente
acacia
acacia negra
escasa
falsa acacia
falsa acacia
frecuente
figueira
higuera
frecuente
frundio*
mirto de Brabante
frecuente
eucalipto vermello
eucalipto rojo
escaso
eucalipto
eucalipto
profuso
eucalipto
eucalipto
raro
mirta*
mirto
frecuente
freixo
fresno de la tierra
escaso
freixo
fresno común
frecuente
oliveira
olivo
ornamental
plátano
plátano
frecuente
sanguiño*
arraclán
frecuente
estripeiro*
espino majuelo
frecuente
cerdeira
cerezo
frecuente
guindo
guindo
frecuente
loureiro real*
laurel cerezo
frecuente
abruñeiro*
endrino
frecuente
pereira brava*
piruétano
frecuente
pereira brava*
piruétano
frecuente
chopo branco
álamo blanco
raro
chopo negro
álamo negro
frecuente
salgueiro branco
sauce blanco
frecuente
salgueiro*
sauce ceniciento
abundante
salgueiro irto
sauce frágil
frecuente
salgueiro anano*
sauce rastrero
frecuente
salgueiro nodoso*
barda
escaso
vimieiro*
mimbrera
escaso
olmo
olmo común
escaso

No hay comentarios:

Publicar un comentario