Un dos feitos máis sorprendentes en 1905 foi o triunfo electoral de Saturnino Aller no distrito de Ordes.
Foi tal o impacto causado que excedeu as fronteiras galegas e chegou á prensa
de Madrid.
Lembremos que o candidato que o goberno
quería triunfador en Ordes era o ancián (78 anos) Joaquín Peña Failde. Aller, o cacique local, o home que debía
logralo, rompeu as normas e quedouse para si cos votos, argumentando que os electores da comarca non confiaban no candidato oficialista pola súa elevada idade.
Por que o fixo? probablemente por ambición
persoal. Indubidablemente sabía que iso lle aparellaría poderosísimos inimigos
pero quizá contaba coa súa habilidade para dividilos e aplacalos ou confiaba na
forza que tiña no distrito.
Se iso era o que pensaba, estaba errado.
Os seus partidarios enchían os concellos
locais. As eleccións do 12 de novembro non fixeron máis que ratificalo. Pero a
principios de 1906 foron suspendidos os resultados e pasouse a nomear
corporacións interinas onde foron marxinados os alleristas. Houbo rumores de
que o presidente do goberno, Segismundo Moret, lle ofrecera a renuncia á acta de deputado para evitalo. Non sabemos se son certos pero en todo caso iso
non sucedeu.
Así que as eleccións municipais tiveron lugar
en xullo de 1906 e non houbo
sorpresas: os inimigos de Saturnino Aller saíron triunfantes.
Aínda quedaba aprobar os resultados nunha
Deputación dominada polos liberais. Moitos non estaban de acordo porque era
regalar o distrito ao partido inimigo pero a presión do extraño matrimonio entre gassetistas* (liberais) e
figueroistas (conservadores) foi intensa, así que as corporacións resultaron confirmadas nunha
reunión da Comisión provincial en agosto de 1906.
Explicouno con impresionante exactitude o xornal conservador da Coruña "El Noroeste":
Ayer le pusieron el inri al bueno de don Saturnino, el más sagaz de los
políticos de la provincia, que un tiempo fue omnipotente en el distrito de
Órdenes, pero que, últimamente, por haber perdido los estribos dio una
costalada que le dejará maltrecho y de la que tardará en reponerse.
* Nos dous partidos dinásticos (os que sustentaban o réxime) -especialmente no Partido Liberal- había varias familias políticas que tanto colaboraban como disputaban entre si.
* Nos dous partidos dinásticos (os que sustentaban o réxime) -especialmente no Partido Liberal- había varias familias políticas que tanto colaboraban como disputaban entre si.
O exemplo máis notorio é o clan de Eugenio Montero Ríos que extendía a súa influencia por toda Galicia pero que na provincia da Coruña só dominaba 4 dos 14 distritos
(Muros, Ortigueira, Corcubión e Ferrol). A outra familia política liberal que gobernaba
a maioría dos distritos coruñeses era a comandada por Rafael Gasset. Ordes era un punto de litixio pero houbera un pacto
entre as dúas familias (Corcubión para os monteristas e Ordes para os
gassetistas).
A familia máis notable dos conservadores era
a comandada por Juan de Armada, o Marqués de Figueroa que tiña o seu centro no distrito de Pontedeume.
No hay comentarios:
Publicar un comentario