A finais do século XIX o traxe rexional xa
estaba completamente en desuso en toda España. Os campesiños de Galicia, a
inmensa maioría da poboación, vestían pantalón longo (ás veces cinguido por unha
faixa), camisa e almilla, chaleco, chaqueta e
normalmente zocos ou zapatóns. A monteira xa fora substituída pola boina.
As mulleres, en cambio, vestían dun modo máis parecido ao tradicional. Medias, saia ampla por enriba dos nocellos para poder traballar con comodidade, mandil, e, por enriba do mantón, pano cruzado atado á cintura e tamén pano na cabeza, que moi raramente abandonaban.
As mulleres, en cambio, vestían dun modo máis parecido ao tradicional. Medias, saia ampla por enriba dos nocellos para poder traballar con comodidade, mandil, e, por enriba do mantón, pano cruzado atado á cintura e tamén pano na cabeza, que moi raramente abandonaban.
A roupa era cara. As teas usadas eran as máis
baratas e había moita presenza da la e do liño (na súa variedade máis basta -a estopa-)
que eran produtos autóctonos e por tanto accesibles.
A xente de posición podía comprar máis roupa
e de teas máis custosas como o raso, a xerga (sarga), o cheviot e mesmo o veludo (terciopelo) que xa empezaba a ter uns
prezos máis "populares".
Durante a primeira década do século XX, a
moda feminina apenas variou con respecto ao século XIX. As mulleres burguesas
seguiron usando vestidos con saias a ras de chan, cintura moi estreita e mangas
en xeral avultadas. Tamén era imprescindible o sombreiro en exteriores.
Destaquemos que unha parte moi importante da
moda feminina estaba dedicada ao loito. A existencia de familias numerosas
cunha esperanza de vida curta facía que moitas mulleres pasasen a maior parte
da súa idade adulta con traxes de loito. Mentres os homes conformábanse en xeral con levar unha tira de gasa negra no abrigo e outra no sombreiro, as
mulleres poñíanse de negro de pés a cabeza, aínda que o gran veo de crespón que
tapaba a cara xa non se usaba ou se levaba unicamente cubrindo o pelo.
Os homes, en cambio, vestían de forma
moderna. Apenas hai diferenzas de vestiario entre un burgués de 1900 e un de
1950. Levar a cabeza cuberta era imprescindible en exteriores e o principal
signo de status: os campesiños levaban boina, os obreiros e os mociños levaban
gorra de viseira e os homes de posición sombreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario