Se ides á páxina de Economía Digital, podedes ver cales eran as 2500 empresas máis importantes de
Galicia. A comarca de Ordes aportaba só 33
empresas a esa lista. Delas 11 eran de Oroso, 9 de Cerceda, 4 de Ordes, 3 de
Mesía, 3 de Tordoia, 2 de Frades e 1 de Trazo.
  Se nos circunscribimos só ás 500 empresas máis
importantes, a comarca aportaba 7, das cales 3 eran de Oroso, 2 de Ordes, 1 de
Frades e 1 de Cerceda.
1ª) Tal como se podía esperar SOGAMA SA, a empresa de tratamento e eliminación de lixo nacida en 1992, era de lonxe a primeira da comarca. A súa facturación anual de 112,4 millóns de € máis que triplicaba á da segunda e os seus beneficios de 7,8 millóns case dobraban aos da seguinte.
2ª) INTERNACO SA, a veterana empresa ordense de
comercio ao por maior de maquinaria naceu en 1976 pero a súa historia comezou
en 1969 cando Manuel Concheiro García logrou a distribución nacional de
Husqvarna. No 2014 cos seus 37,7
millóns de facturación era a primeira de Ordes e a segunda da comarca.
3ª) CRC OBRAS Y SERVICIOS SL, empresa de
construción, naceu en 1940 da man de Ramón Carro Fernández. Logo, baixo a
dirección do seu fillo, Ramón Carro Romero, converteuse nunha das máis
importantes da comunidade e iniciou a expansión fóra de Galicia. No 2014 a pesar da
crise do sector, aínda era a primeira da comarca en número de empregados e a
terceira en facturación cuns 36,8
millóns de €.
4ª) PUENTES Y CALZADAS Grupo de Empresas SA, nacida en 1977 en
Sigüeiro, está especializada na construción e reparación de estradas. Aínda que
a súa facturación (32,4 millóns) era
un pouco menor que CRC, gañaballe por goleada en beneficios (máis de 4 millóns
fronte a 113.000 €).
5ª) Explotaciones
Forestales SOUTO
CARRILLO SL, empresa de Aiazo (Frades) nacida no ano 2000 que,
como indica o seu nome, dedícase a actividades forestais (comercio de madeira,
compraventa de fincas, etc). Cunha facturación de 31,3 millóns era a máis importante empresa do sector primario na
comarca.
6ª) Estructuras
y Montaje de PREFABRICADOS
SA, é outra empresa que pertence ao Grupo Puentes. Nacida no 1995, está
especializada na construción de pontes e túneles. A súa facturación era de 30,5 millóns.
7ª) LÁCTEOS MERZA SL, nacida en 1998 en Sigüeiro, é
unha empresa que comercia ao por maior con produtos lácteos, ovos, aceites,
etc. A súa facturación superaba por pouco os 25
millóns de euros.
  Do resto das
empresas da comarca, só 3 superaban os 10 millóns de facturación: Carpintería Ramón García de Mesía, Gesuga de Cerceda e Viriato (agora pechada).
Aquí tedes a lista completa. A facturación está expresada en millóns de € mentres os beneficios están en miles de euros.
 
 
Se queredes buscar con facilidade empresas da comarca, podedes premer no seguinte enlace: ORDESECOMARCA.
Aquí tedes a lista completa. A facturación está expresada en millóns de € mentres os beneficios están en miles de euros.
| 
   
Nº 
 | 
  
   
EMPRESA 
 | 
  
   
Fact. 
 | 
  
   
Persoal 
 | 
  
   
Benef. 
 | 
  
   | 
 
| 
   
60 
 | 
  
   
Sogama 
 | 
  
   
112.4 
 | 
  
   
11 a 25 
 | 
  
   
7.785 
 | 
  
   
Cerceda 
 | 
 
| 
   
171 
 | 
  
   
37.7 
 | 
  
   
51 a 100 
 | 
  
   
1.331 
 | 
  
   
Ordes 
 | 
 |
| 
   
174 
 | 
  
   
36.8 
 | 
  
   
101 a 250 
 | 
  
   
113 
 | 
  
   
Ordes 
 | 
 |
| 
   
202 
 | 
  
   
Puentes y Calzadas 
 | 
  
   
32.4 
 | 
  
   
51 a 100 
 | 
  
   
4.637 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 
| 
   
214 
 | 
  
   
Souto Carrillo 
 | 
  
   
31.3 
 | 
  
   
11 a 25 
 | 
  
   
1.505 
 | 
  
   
Frades 
 | 
 
| 
   
218 
 | 
  
   
30.5 
 | 
  
   
51 a 100 
 | 
  
   
1.663 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 |
| 
   
262 
 | 
  
   
Lácteos Merza 
 | 
  
   
25.6 
 | 
  
   
1 a 5 
 | 
  
   
32 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 
| 
   
513 
 | 
  
   
Ramón García 
 | 
  
   
12.8 
 | 
  
   
51 a 100 
 | 
  
   
13 
 | 
  
   
Mesía 
 | 
 
| 
   
539 
 | 
  
   
12.1 
 | 
  
   
51 a 100 
 | 
  
   
3.200 
 | 
  
   
Cerceda 
 | 
 |
| 
   
564 
 | 
  
   
Viriato  
 | 
  
   
11.4 
 | 
  
   
101 a 250 
 | 
  
   
-331 
 | 
  
   
Ordes 
 | 
 
| 
   
746 
 | 
  
   
K Klima NO 
 | 
  
   
8.2 
 | 
  
   
26 a 50 
 | 
  
   
97 
 | 
  
   
Cerceda 
 | 
 
| 
   
776 
 | 
  
   
Cerámica Verea 
 | 
  
   
7.9 
 | 
  
   
26 a 50 
 | 
  
   
68 
 | 
  
   
Mesía 
 | 
 
| 
   
812 
 | 
  
   
Millasur 
 | 
  
   
7.5 
 | 
  
   
26 a 50 
 | 
  
   
358 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 
| 
   
816 
 | 
  
   
Ríos Sangiao 
 | 
  
   
7.5 
 | 
  
   
51 a 100 
 | 
  
   
109 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 
| 
   
870 
 | 
  
   
6.9 
 | 
  
   
51 a 100 
 | 
  
   
608 
 | 
  
   
Cerceda 
 | 
 |
| 
   
886 
 | 
  
   
Cerceda SA 
 | 
  
   
6.7 
 | 
  
   
6 a 10 
 | 
  
   
30 
 | 
  
   
Cerceda 
 | 
 
| 
   
922 
 | 
  
   
Armaduras SAU 
 | 
  
   
6.4 
 | 
  
   
6 a 10 
 | 
  
   
37 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 
| 
   
949 
 | 
  
   
6.2 
 | 
  
   
6 a 10 
 | 
  
   
12 
 | 
  
   
Mesía 
 | 
 |
| 
   
983 
 | 
  
   
Torres Golán 
 | 
  
   
5.9 
 | 
  
   
26 a 50 
 | 
  
   
215 
 | 
  
   
Tordoia 
 | 
 
| 
   
985 
 | 
  
   
Maq Agr. Cancela 
 | 
  
   
5.9 
 | 
  
   
26 a 50 
 | 
  
   
74 
 | 
  
   
Tordoia 
 | 
 
| 
   
994 
 | 
  
   
Gefico Enterprise 
 | 
  
   
5.9 
 | 
  
   
26 a 50 
 | 
  
   
-154 
 | 
  
   
Cerceda 
 | 
 
| 
   
1046 
 | 
  
   
Madeiras Castro 
 | 
  
   
5.6 
 | 
  
   
6 a 10 
 | 
  
   
-9 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 
| 
   
1149 
 | 
  
   
Área Serv. Os Carballos 
 | 
  
   
5.1 
 | 
  
   
6 a 10 
 | 
  
   
133 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 
| 
   
1179 
 | 
  
   
Almacenes Sanjurjo 
 | 
  
   
4.9 
 | 
  
   
6 a 10 
 | 
  
   
237 
 | 
  
   
Cerceda 
 | 
 
| 
   
1336 
 | 
  
   
Almacenes Cancela 
 | 
  
   
4.4 
 | 
  
   
11 a 25 
 | 
  
   
11 
 | 
  
   
Tordoia 
 | 
 
| 
   
1489 
 | 
  
   
Eulogio Viñal 
 | 
  
   
4.0 
 | 
  
   
26 a 50 
 | 
  
   
2 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 
| 
   
1597 
 | 
  
   
3.6 
 | 
  
   
11 a 25 
 | 
  
   
5 
 | 
  
   
Cerceda 
 | 
 |
| 
   
1721 
 | 
  
   
Moto Garden 
 | 
  
   
3.3 
 | 
  
   
11 a 25 
 | 
  
   
63 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 
| 
   
1837 
 | 
  
   
Transportes NO 
 | 
  
   
3.1 
 | 
  
   
11 a 25 
 | 
  
   
60 
 | 
  
   
Trazo 
 | 
 
| 
   
1994 
 | 
  
   
Galopín Playgrounds 
 | 
  
   
2.8 
 | 
  
   
26 a 50 
 | 
  
   
-176 
 | 
  
   
Cerceda 
 | 
 
| 
   
2411 
 | 
  
   
0,00 
 | 
  
   
11 a 25 
 | 
  
   
0 
 | 
  
   
Ordes 
 | 
 |
| 
   
2417 
 | 
  
   
Obras y Viales 
 | 
  
   
0,00 
 | 
  
   
26 a 50 
 | 
  
   
0 
 | 
  
   
Oroso 
 | 
 
| 
   
2479 
 | 
  
   
Central de Frades Cop. 
 | 
  
   
0,00 
 | 
  
   
11 a 25 
 | 
  
   
0 
 | 
  
   
Frades 
 | 
 
Se queredes buscar con facilidade empresas da comarca, podedes premer no seguinte enlace: ORDESECOMARCA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario