A pesar do seu escaso tamaño e importancia dentro de Galicia, foi honrado (ou insultado?) por Eduardo Pondal, o inmortal bardo de Ponteceso, que lle dedicou un poema:
| 
   EDUARDO
  PONDAL 
  
 –Rio Langüelle, rio Langüelle, ben se vé q' és da montaña; ou feo fillo das brétomas, e das uces desleiradas. Cando te vexo de longe, atravesando nunha gandra, non sei se sinto suidades, s' hé ó que sinto na alma; solo sei que estou de mais, donde me pôn mala cara, q' en montañés, cortesía, está por demais buscála. 
 Ou aires de Troitosende, terra, donde m' eu criára; levad' esta filla vosa, Levá d' esta terra estraña!  | 
  
 Os rios da miña terra, non tên á cara tan brava, nin parece qu' á ninguen neguen unha sede d' auga; nin teñen, en vez de frores, tan solamente uces altas. C' o teu esquivo caraute, e receosas miradas, pareces, Langüelle, un lobo, que, por non ver gente, escapa. As tuas ribeiras son ben soas é ben escravas; donde no medio do vrán, só se vé pousada a garza. 
 Rio Langüelle, rio Langüelle, ben se vé q' és da montaña; ou feo fillo das brétomas, e das uces desleiradas!  | 
 

No hay comentarios:
Publicar un comentario