
OS DE BERRÉU DE RIBA |
|
En baril pelingrinaxe os de dito arciprestasgo por ganar o xibaléu, â nosa pobra chegano. ¡Ben polos berréus de riba, fillos daqueles "Montanos" cuio chau Froila o Segundo(1) déu a Igrexa de Santiago, e que logo formóu parte do arsidiasgo de Cornado(2), pelra hirmá da de "Nemitos"(3) na Catedral de Santiago! No partido xudiciá de Ordenes alistados, son: de dito ayuntamento os que no medio casanon; do de Oroso, os máis veciños, e de Cerceda os lexanos. Aire azul da serranía alegra os seus peitos sanos. Viven veira do camiño de eiquí a Baños de Carballo, ia o largo da carretera que une â Cruña con Santiago. Si chegades a Sigüeiro xa estades no arsiprestasgo que morre en Mesón do Vento case a médea legua dalto. Encrobas, Cerceda e Queixas éranvos dos de Boado; tiña o conde de Altamira en Oroso patronato; en Mercurín, señorío os de Valle e os de Torrado; coto redondo, os Basadres en Meirama, ao sur do Xalo; e no lugar de Boedo, |
da carretera a tres cuartos, teñen os de San Martín, torre do seu marquesado. De Sigüeiro ao val de Barcia ista terra é monte chao... O Marces(4) rega a Cerceda; polo abrente vai o Samo que baixa dende a Tieira Ponte Carneiro buscando; cara o poniente o Lengüelle pasa; en Guindibó (Montaos) cruza a ponte(5), e logo vai Pena Maroca ladeando ia parroquia de Trasmonte, do San Román o santuario, e, preto a Barca de Busto, cai no Tambre de contado... ... Lesta io monte de Arcosa, de Seisdón céltico castro, ¡Cristo da Misericordia que de Leira antre os carballos na aldea de Codeseda, tés tempro moi venerado! ¡eremitas de Ardemil, de San Antonio en Montaos e de San Roque en Trasmonte preto doutro santuario!: Sodes logares a onde o mundo non leva o bafo da orxía e da vanidá; que estas familias, gardando as tradiciós máis groriosas cifran seu mayor encanto en continuar a cadea de boas obras que formano seus maores, dos que lembran o
méreto e nome honrado. [...] |
No hay comentarios:
Publicar un comentario