jueves, 3 de agosto de 2023

Vivendas na comarca en 2021


  Segundo o censo de vivendas e fogares, publicado polo INE en xuño de 2023, existían na nosa comarca no ano 2021 máis de 5.700 vivendas baleiras.
  Unha gran novidade deste estudo era que por primeira vez non se elaborou con entrevistas en fogares, senón que se recolleron datos de decenas de rexistros administrativos. Ademais para avaliar o uso das vivendas o INE tivo en conta as cifras do seu consumo eléctrico ao longo do ano 2020, coas lecturas dos contadores.
 
  O INE distingue catro tipos de usos:
Normal. Son as vivendas habitadas que teñen un consumo eléctrico promedio.
Esporádico. Son o que chamariamos segundas residencias o vivendas de vacacións con consumo só en fins de semana ou en meses de verán.
Baixo. Apenas son usadas.
Vivenda Baleira. Cando o seu consumo medio en todo o ano é inferior ao que presenta unha vivenda típica do seu concello durante só 15 días. Isto denota que está sen uso e, en moitos casos, en situación de abandono e deterioro.
 
  Os datos volven a poñer de manifesto a dicotomía existente na comarca entre os tres concellos centrais (Cerceda, Ordes e Oroso) e os 4 periféricos e máis rurais (Tordoia e Trazo ao oeste e Mesía e Frades ao leste), pois nos tres primeiros máis do 60 % das vivendas son de uso normal e as baleiras non chegan ao 30 %, mentres nos outros catro as habitadas pasan pouco do 50 % e as baleiras sobrepasan o 30 %. Destaca negativamente Trazo coas súas 660 casas baleiras, máis do 40 % de todas as existentes no concello. No lado positivo, Oroso só presenta un 17 % de casas baleiras, o que confirma o excepcional dinamismo deste municipio.
  
 
VIVENDAS
Normal
Espor.
Baixo
Baleiras
Cerceda
3.046
61,3 %
8,5 %
2,9 %
832 27,3 %
Frades
1.275
56,4 %
4,8 %
2,0 %
469 36,8 %
Mesía
1.565
56,6 %
5,8 %
1,8 %
450 35,8 %
Ordes
7.261
63,8 %
7,0 %
2,7 %
1.925 26,5 %
Oroso
3.787
71,3 %
8,4 %
2,5 %
675 17,8 %
Tordoia
1.784
59,0 %
5,5 %
1,6 %
605 33,9 %
Trazo
1.602
53,9 %
3,2 %
1,7 %
660 41,2 %
COMARCA
20.320
 
 
 
5.726 28,1 %
 
  A media da comarca é practicamente igual á galega, pois en Ordes as vivendas baleiras son o 28,18 % do total mentres en Galicia son o 28,8 %.
 
  Galicia (que tamén é a comunidade que maior número absoluto de localidades ten) está á cabeza en número de vivendas baleiras, ata o punto de que duplica a media española, que é do 14,4 %. En numerosos concellos de Lugo e Ourense a porcentaxe de vivendas baleiras supera o 70 %. Incluso, á marxe dos concellos pequenos, repítese o fenómeno: entre os 20 municipios de España de máis de 10.000 habitantes con maior número de vivendas baleiras, dez están en Galicia (o máis próximo a nós, Betanzos). E tamén Vigo e A Coruña están entre as cinco primeiras cidades de más de 200.000 habitantes con máis casas baleiras. Santiago, a cidade á que está máis vencellada a comarca, vese algo mellor porque só o 11 % dos seus inmobles están deshabitados.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario