sábado, 7 de noviembre de 2020

A familia Prego (Mercurín)

  O apelido Prego é especialmente común no concello de Cerceda (pouco máis de 120 portadores) e na parroquia de Mercurín desde onde se espallou ata a vila de Ordes. No concello hai actualmente uns 130 portadores.
  O patriarca da extensa familia Prego foi Manuel Prego Calvo do lugar de Mañufe que casou a principios do século XX con María Becerra Viqueira de Tras do Río (Tralorrío en argot local). Alí se estableceu e tiveron 9 fillos: Jesusa, Antonia, Manuel, Jesús, Estrella, Marcelino, Mª Josefa, Carmen e Jesusa Prego Becerra. Aparentemente a 1ª e a última tiñan o mesmo nome (supoño que algunha sería María Jesús ou María Jesusa).
 
Jesusa Prego Becerra (1907-1985) casou cun dos Barreiros do Casal. Tratábase de Juan Barreiro Mosquera, irmán menor de José, o herdeiro. Instalados no Casal tiveron 6 fillos, entre eles os moi coñecidos Barreiros da Maquía porque traballaron na maquía de Fernanducho que era parente deles por parte da rama Mosquera.
Antonia (1910-1985) era coñecida como Antona de Villaverde porque a pesar de que o seu home, Andrés Varela Regos, procedía da parroquia de Lesta, establecéronse nunha pequena casa en Vilaverde. Alí tiveron 4 fillos. O maior, Jesús Varela Prego, era moi coñecido por ser vendedor ambulante nas feiras. Casou con Lourdes Candal, filla de Ramón da Casa Grande do Mesón do Vento. Tamén ela e o fillo dedicáronse á venta nas feiras. A segunda, María (1940-2020), casou con Martiño das Casillas co que tivo 4 fillos. O terceiro, Manuel, viviu no Balado e o 4º, Ricardo, nas Casillas.
Manuel Prego Becerra (1914-2012), o primeiro varón, foi o que herdou a casa familiar en Tras do Río. Casou coa viúva Jesusa Martínez (que xa tiña unha filla) e tiveron 5 fillos máis.
 
Jesús (1916-1983) estableceuse no Recreo. Casou con Estrella García coa que tivo 4 fillos.
Estrella (1919-1996) tivo un único fillo de solteira, Ricardo Prego, que casou con Estrella Pena. Viven no Paraíso onde tiveron 4 fillos. A maior, Chus Prego foi mestra no CEIP Castelao despois de estar moitos anos no Pindo (Carnota) e Pontepedra (Tordoia).
Marcelino (1922-1995) tamén quedou en Mercurín. Casou con Jesusa Franqueira coa que tivo 5 fillos.
María Josefa (1925-2011) Viviu no Recreo e tivo tamén un único fillo, Alfonso.
Carmen (1927-2015) casou con Antonio Rama e viviron en Castrelos (Leira). 
Finalmente Jesusa (1930-1989) viviu no Recreo.
FONTE: Mª Jesús Prego.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario