Preme para ver o mapa máis grande.
O concello de Frades presenta un relevo
suavemente ondulado con altitudes que van dos 280 metros (na zona sur
e oeste) a máis de 400 metros
(no norte e leste). De feito ao norte, no límite con Mesía, atópase o punto
máis alto do concello con máis de 430 metros.
Hai tres amplos vales formados polos ríos Samo ao oeste, Maruzo e o seu subafluente Gaiteiro
no centro, e o Tambre ao sueste
facendo fronteira co Pino, Arzúa e Boimorto.
A suavidade do relevo explícase pola
composición do terreo: os xistos metamórficos precámbricos, coñecidos como xistos de Ordes, que son facilmente
modelables. Só algúns afloramentos de cuarzo como o monte Peñasco (parroquia de Abellá) dan lugar a formas máis abruptas.
O clima,
como no resto da comarca, é oceánico hiperhúmido.
A poboación
é escasa e decrecente. Está repartida en 12 parroquias.
Conta con lugares de gran beleza e un
interesante patrimonio artístico. De propina, aquí tedes un vídeo sobre o concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario