Como podedes ver polos gráficos, podemos dividir os
concellos da comarca en 2 grupos: os que aumentan de poboación (Ordes e
especialmente Oroso), e os que a perden (todos os demais).
O caso de Oroso é espectacular, aumentando máis
dun 40 % nos tres primeiros lustros do século XXI. Case toda esa poboación nova está no
seu núcleo, Sigüeiro, e asentouse nel pola súa proximidade a Santiago.
Ordes tivo un crecemento máis suave, atraendo
inmigrantes do resto da comarca e estranxeiros (na época de bonanza económica)
ata o ano 2012.
Entre
todos destaca Tordoia da que poderiamos dicir que vai "costa abaixo e sen
freos". A principios de século case tiña a mesma poboación que Oroso, pero
desde entón perdeu máis do 30 %. O resto dos concellos teñen un descenso menos
acusado. Tamén Cerceda, a pesar do seu alto PIB e nivel industrial, perde poboación aínda que a menor nivel que os anteriores.
No hay comentarios:
Publicar un comentario