Imos analizar
a situación administrativa das Terras de Ordes durante o Antigo Réxime (séculos XVI-XVIII). Ocupaban
a parte noroeste da rexión e estaban a cabalo entre as antigas provincias de Santiago (73% do seu terrritorio), Betanzos (3%) e A Coruña (25%).
  Comprendían 13 xurisdicións, cunha superficie total
de 753 Km2, das cales as máis extensas eran Mesía e Folgoso, que
rondaban os 200 Km2 (20.000 Hectáreas),
e as máis pequenas, Budiño, Altamira e Meirama, que non superaban os 10 Km2.
Coa división provincial de 1833, todas as xurisdicións da Terra de Ordes
integráronse na nova provincia da Coruña. 
XURISDICIÓN 
 | 
  
Km2 
 | 
  
XURISDICIÓN 
 | 
  
Km2 
 | 
 
Mesía 
 | 
  
204 
 | 
  
Sobrado 
 | 
  
19 
 | 
 
Folgoso 
 | 
  
188 
 | 
  
Xallas 
 | 
  
16 
 | 
 
Vilarprego 
 | 
  
94 
 | 
  
Monzo
  e Restande 
 | 
  
13 
 | 
 
Montaos 
 | 
  
92 
 | 
  
Budiño 
 | 
  
8 
 | 
 
Encrobas 
 | 
  
64 
 | 
  
Altamira 
 | 
  
7 
 | 
 
Rus 
 | 
  
21 
 | 
  
Meirama 
 | 
  
7 
 | 
 
Gorgullos 
 | 
  
20 
 | 
  
TOTAL 
 | 
  
753 
 | 
 
Os dominios señoriais na Terra de Ordes
  Do total da
superficie do dominio señorial, o 60% correspondía á nobreza titulada ou alta nobreza, o 32% ao clero secular,
o 5% ao clero regular, o 2% eran terras de realengo e só un 1% pertencía á
fidalguía. 
DOMINIO 
 | 
  
Nº Freg. 
 | 
  
Km2 
 | 
  
% 
 | 
 
Nobreza titulada 
 | 
  
43 
 | 
  
453 
 | 
  
60 
 | 
 
Clero secular 
 | 
  
26 
 | 
  
240 
 | 
  
32 
 | 
 
Clero regular 
 | 
  
3 
 | 
  
40 
 | 
  
5 
 | 
 
Realengo 
 | 
  
2 
 | 
  
13 
 | 
  
2 
 | 
 
Fidalguía 
 | 
  
1 
 | 
  
7 
 | 
  
1 
 | 
 
TOTAIS 
 | 
  
75 
 | 
  
753 
 | 
  
100 
 | 
 
  Na lista de maiores
posuidores figuraban en primeiro lugar o Arcebispo de Santiago, con dominio sobre 240 Km2 (unhas 24.000 Hectáreas),
seguido polo Conde de Altamira con 189 Km2, o Conde de Grajal (94 Km2)
e o Marqués de Montaos (92 Km2).  A maior distancia atopábase a
Marquesa de Astorga con 78 Km2, e en último lugar os Mosteiros de
San Martiño (21 Km2) e o de Sobrado (19 Km2), seguidos
das terras de realengo (13 Km2) e finalizando coas terras de don
Bernardo Basadre (700
 Hectáreas).
  Por
estamentos, a nobreza titulada
controlaba o 60% do territorio (453 Km2), con 43 freguesías. Estaba
representado por catro grandes posuidores: o Conde de Altamira, con 189 Km2 -22 freguesías-,
o Conde de Grajal con 94 Km2 -7
freguesías, unha delas compartida con D. Joseph Rey-, o Marqués de Montaos con 92 Km2 -10 freguesías- e a Marquesa de Astorga, con 78 Km2
-4 freguesías, unha delas compartida con don Lucas Sanchez-. 
  O clero secular exercía a sua xurisdición
sobre un total de 240 Km2 e 26 freguesías, sendo o único
representante o Arcebispo de Santiago
que exercía o seu dominio en todas elas agás a de Xanceda que estaba compartida
con don Juan Pimentel.
  A moita máis
distancia xa se encontraba o clero
regular, con dominio sobre 4.000 Hectáreas e 3
freguesías, repartidas entre o Mosteiro
de San Martiño de Santiago (21 Km2 da freguesía de
Vila de Abade na xurisdición de Rus), e o Mosteiro de Sobrado, con 19 Km2 que
acumulaban as dúas freguesías de Cumbraos e Cabrui.
  O realengo limitábase á xurisdición de
Monzo e Restande, con 1.300
 Hectáreas.
  Por último, a
fidalguía representada
por don Bernardo Basadre ocupaba unha superficie de 700 Hectáreas, as
da freguesía e xurisdición de Meirama.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicións e señoríos de todo o
territorio galego foron elaborados por Manuel Lamazares utilizando ferramentas
de xestión informática e de información xeográfica (GIS) a partir do
Censo de Floridablanca. Aínda que segundo Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso
na RAG) os datos de Floridablanca simplifican a realidade e cita como exemplo a
"Descripción" de Miguel Bañuelos, que cifra o número de
xurisdicións para toda Galicia en 664, fronte ás 509 de Floridablanca (segundo
Saavedra isto era debido a que nalgúns casos había unha titularidade
compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con
rigor os seus datos, antes ben, sen a súa aportación non teriamos unha idea tan
clara da composición e distribución das xurisdicións do Antigo Réxime.
- Como base para elaborar os mapas utilizou os datos do
Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e
intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dúbidas utilizou as Respuestas
Generales del Catastro de La Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para Galicia a obra de Francisco Javier Río Barja
"Cartografía Xurisdiccional de Galicia no século XVIII", Consello de
Cultura Galega.  


No hay comentarios:
Publicar un comentario