É compartida por tres concellos: Cerceda
(zona norte), Tordoia (oeste) e Ordes (leste).
  A presa é de dique, de 33
 metros  de
altura sobre o leito do río. O desaugadoiro de fondo atópase á cota do río. O
volume teórico do encoro é de 18,3 hm3
e a superficie de 162 hectáreas . 
A profundidade máxima teórica (nas proximidades da presa) é de27
 metros  e a profundidade media de 11 metros . A cubeta do
encoro é moi aberta, con noiros litorais de pouca pendente. O substrato litoral
e de fondo é limoso-areoso. Os subministradores máis importantes deste encoro
son os ríos Paradela e Biduido, ambos os dous con caudais
similares (de 150 a 
300 litros por segundo cada un). Tomando como referencia estes caudais, o encoro renóvase cada
6-12 meses.
A profundidade máxima teórica (nas proximidades da presa) é de
  Tamén se usou para pesca deportiva. Foi un
lugar de gran éxito como podedes ver nesta páxina de "Hay pesca!".
| 
    
  Canas de toda España chegaban a esta contorna para lanzarse a
  capturar, tanto troitas centroeuropeas e arco da vella como salmóns.  
   
  Foi o 11 de marzo de 1995
  cando Vilagudín empezaba a funcionar como primeiro coto turístico de pesca en
  España, con xestión da empresa Galician Fishing Services.
  Previamente o encoro pechouse á pesca libre para proceder á repoboación con
  troitas e salmóns. "Os salmóns estaban na beira de Arcai e as
  troitas non lado de Vilagudín", lembra Jesús, veciño da zona, que
  rememora aqueles anos en que o encoro era un lugar de cita para os
  afeccionados á pesca. "Viñan de Asturias, de Portugal, ata en
  furgonetas. Hospedábanse en Ordes, e
  moitos deles comían logo en casa Ríos en Xesteda. Algúns traían pequenas
  lanchas". Eran xornadas exitosas para os cestos daqueles pescadores. Jesús
  explica o secreto daquel éxito. "Pola parte de abaixo había un criadeiro
  e eran moitas as troitas que botaban. Unha vez que se saíra o camión que as
  levaba, eran 12.000 quilos os que transportaba". Espectaculares
  exemplares que excedían con facilidade o quilo de peso, contentando aos
  afeccionados e tamén á empresa xestora, que ademais de cobrar unha entrada
  por xornada facíao tamén por quilo de peixe capturado. O gran peso daqueles
  exemplares ocasionaba que moitos dos afeccionados que acudían por primeira
  vez tivesen dificultades cos seus aparellos pola forza das troitas e salmóns
  locais. Ata personaxes famosos como Isabel Pantoja e María del Monte, nos
  anos en que eran pasto da prensa do corazón, ou o inevitable presidente
  Manuel Fraga lanzaron a súa cana en Vilagudín.  
  Por
  se isto non bastase tamén houbo nos 90 distintos cursos de piragüismo,
  windsurf e vela. 
   | 
 
 Logo veu a decadencia. Hoxe hai movementos para volver a revitalizar a zona. A última proposta no ano 2021 contemplaba a posibilidade de establecer unha área para autocaravanas. Veremos en que para iso.
  De todas formas, con pescadores ou non, os ordenses
temos un pequeno tesouro acuático tristemente pouco coñecido pola maioría.


No hay comentarios:
Publicar un comentario